A bandeira dos rohingya é a bandeira cultural e étnica do pobo rohingya. O seu uso foi documentado por vez primeira polo estudoso e autor rohingya A.F.K. Jilani, quen rexistra a súa creación a mediados do século XX. O 20 de maio de 2018, unha versión actualizada da bandeira foi creada pola Academia da Lingua Rohingya, a cal é usada polas comunidades da diáspora rohingya de todo o mundo.
Deseño O deseño da bandeira é un campo verde cargado cun círculo amarelo que contén un texto branco. O verde representa a paz, o ouro representa a prosperidade e o branco representa a pureza. O texto árabe do cento é a shahada rodeada polos nomes dos catro califas do islam: Abu Bakar (enriba), Omar (abaixo), Othman (esquerda) e Ali (dereita).
Especificacións 300px|Diagrama do deseño da bandeira.
Cores Esquema Verde Dourado Branco RGB 11, 102, 35 212, 175, 55 255, 255, 255 Hexadecimal #0B6623 #D4AF37 #FFFFFF CMYK 0.89, 0.00, 0.66, 0.60 0.00, 0.17, 0.74, 0.17 0, 0, 0, 0
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras de Myanmar