Os patamona son un pobo indíxena que habita nas montañas Pakaraima de Güiana e no norte do Brasil.Patamona. Caribbean Indigenous and Endangered Languages Project. University of the West Indies at Mona, Jamaica. Falan unha lingua da familia caribe, o kapóng, e moitas veces foron referidos indistintamente como akawaio ou ingariko. Os patamona considéranse un subgrupo do pobo kapon.
En Güiana, son uns 5.000 membros desta etnia e de grupos étnicos estreitamente relacionados. A poboación estimada en Güiana en 1990 era de 5 500 persoas. Segundo FUNASA, o Brasil tiña 120 patamona no ano 2010. Foron recoñecidos como un grupo étnico distinto no Brasil dende 2005.
Notas
Categoría:Pobos indíxenas de Güiana Categoría:Pobos indíxenas do Brasil