José Álvaro Pérez Iglesias, nado en Gondomar o 4 de febreiro de 1910, foi un político galego.

Traxectoria

Fillo de Fernando Pérez Alonso e Dominga Iglesias Pérez. En setembro de 1934 fixo unha viaxe en bicicleta a Lisboa con dous compañeiros para visitar a Exposición colonial.El Pueblo Gallego, 14-9.1934, p. 10. Militante de Izquierda Republicana, logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Gondomar. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou a zona leal. Procesado na causa 816/36 xunto con José Vargas Lorenzo, foi reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria o 23 de setembro de 1936.El Pueblo Gallego, 24-9-1936, p. 2. Exiliouse no Brasil. Visitou Gondomar en 1959 e 1965.El Pueblo Gallego, 18-10-1959, p. 4.El Pueblo Gallego, 9-1-1965, p. 12. Vida persoal

Casou con Mercedes Gómez de Reis e foi pai de Álvaro Pérez Gómez.El Pueblo Gallego, 5-1-1974, p. 37. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Políticos de Izquierda Republicana Categoría:Concelleiros de Gondomar Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República

Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos do Brasil

Categoría:Nados en Gondomar Categoría:Nados en 1910