miniatura|upright|A Liga de Corinto. En vermello, o reino de Filipo II a súa morte, ano 336 a. C. A Liga de Corinto (orixinalmente a Liga Helénica) foi unha federación dos estados gregos creada polo rei de Macedonia, Filipo II, despois da batalla de Queronea no 338 a. C. e durante o inverno do 338 a. C.-337 a. C. co fin de derrotar e eliminar ao Imperio persa finalmente e liberar as cidades gregas da opresión do Imperio persa.

Historia A liga de Corinto tratábase nun principio dun simple tratado de paz, aínda que logo resultou unha alianza co propósito de invadir Persia e de vingar a profanación dos santuarios gregos durante as guerras médicas. A liga creouse a fin de facilitar o uso de forzas militares na guerra contra o Imperio Aqueménida de Darío III. A liga de Corinto era, ademais, unha organización que tiña o propósito de preservar e garantir a paz xeral (koine eirene).Encyclopædia Britannica

As principais cláusulas eran:

Garantíanse as constitucións dos Estados membro ao unirse. O Sinedrión, ou congreso de representantes, reuniríase en Corinto. A liga actuaría a fin de previr calquera agresión ou subversión contra calquera outro estado membro. A liga mantería un exército imposto polos estados membros en proporción aproximada aos seus tamaños. Filipo sería declarado comandante (hegemon) do exército da liga.

En conxunto, coas cláusulas da liga, Filipo tería soldados en Corinto, Tebas, Pidna e Arta.

Os obxectivos desta liga eran: Derrotar e eliminar ao Imperio persa finalmente. Liberar as cidades gregas de Asia Menor da opresión do Imperio persa.Historia 9 / Santillana. -Panamá : Editorial Santillana, 2014. Páxina 77.

Tratado de paz común (Fragmentos dunha inscrición atopada en Atenas)IG II² 236Rhodes & Osborne, p. 373 +[․․․․․․․․․21․․․․․․․․․․ Ποσ]ειδῶ ․․5․․ ․․․․․․․․․․22․․․․․․․․․․ς ἐμμεν[ῶ ․․․․] ․․․․․․․․․․22․․․․․․․․․․νον[τ]ας τ․․․․ [․․․․․․․․18․․․․․․․․ οὐδ]ὲ ὅπλα ἐ[π]οί[σω ἐ]- [πὶ πημονῆι ἐπ’ οὐδένα τῶν] ἐμμενόντ[ω]ν ἐν τ- [οῖς ὅρκοις οὔτε κατὰ γῆν] οὔτε κατὰ [θ]άλασ- [σαν· οὐδὲ πόλιν οὐδὲ φρο]ύριον καταλήψομ- [αι οὔτε λιμένα ἐπὶ πολέ]μωι οὐθενὸς τῶν τ- [ῆς εἰρήνης κοινωνούντ]ων τέχνηι οὐδεμι- [ᾶι οὔτε μηχανῆι· οὐδὲ τ]ὴν βασιλείαν [τ]ὴν Φ- [ιλίππου καὶ τῶν ἐκγόν]ων καταλύσω ὀδὲ τὰ- [ς πολιτείας τὰς οὔσας] παρ’ ἑκάστοις ὅτε τ- [οὺς ὅρκους τοὺς περὶ τ]ῆς εἰρήνης ὤμνυον· [οὐδὲ ποιήσω οὐδὲν ἐνα]ντίον ταῖσδε ταῖς [σπονδαῖς οὔτ’ ἐγὼ οὔτ’ ἄλ]λωι ἐπιτρέψω εἰς [δύναμιν, ἀλλ’ ἐάν τις ποε̑ι τι] παράσπονδ[ον] πε- [ρὶ τὰς συνθήκας, βοηθήσω] καθότι ἂν παραγ- [γέλλωσιν οἱ ἀεὶ δεόμενοι] καὶ πολεμήσω τῶ- [ι τὴν κοινὴν εἰρήνην παρ]αβαίνοντι καθότι [ἂν ἦι συντεταγμένον ἐμαυ]τῶι καὶ ὁ ἡγε[μὼ]- [ν κελεύηι ․․․․․12․․․․․ κα]ταλείψω τε․․ — — — — — — — — — — — — — :𐅃 [— — — — — — — — — — : Θεσ]σαλῶν :Δ [— — — — — — — — — — — ῶ]ν :ΙΙ [— — — — — — — — — Ἐλειμ]ιωτῶν :Ι [— — — — Σαμοθράικων καὶ] Θασίων :ΙΙ — — — — — — — — — ων :ΙΙ: Ἀμβρακιωτ[ῶν] [— — — — — — — ἀ]πὸ Θράικης καὶ [— — — — — :] Φωκέων :ΙΙΙ: Λοκρῶν :ΙΙΙ [— — — — Οἰτ]αίων καὶ Μαλιέων καὶ [Αἰνιάνων :ΙΙΙ: — καὶ Ἀγ]ραίων καὶ Δολόπων :𐅃 [— — — — — — : Πε]ρραιβῶν :ΙΙ [— — — — — : Ζακύνθο]υ καὶ Κεφαληνίας :ΙΙΙXuramento. Xuro por Zeus, Gaia, Helios, Poseidón e todos os deuses e deusas. Cumprirei a paz común e non romperei o acordo con Filipo, nin tomarei as armas por terra nin por mar, prexudicando a ningún dos que cumpran os xuramentos. Nin tomarei ningunha cidade, nin fortaleza, nin porto por arte ou artificio, coa intención de facer guerra contra os participantes na guerra. Nin deporei o reinado de Filipo nin os seus descendentes, nin as constitucións existentes en cada estado, cando xuraron a paz. Tampouco farei nada contrario a estes acordos, nin permitirei a ninguén na medida do posible. Pero se alguén comete algunha violación do tratado, acudirei en apoio dos necesitados e loitarei contra os transgresores da paz común, tal e como decida (o consello) e solicite o hexemón e non vou abandonar.-------- dos tesalios--Elimiaotes--samotracios e Tasos---Ambracios---de Tracia e---Foceos, Locrios, Oitanos e Melieos e Ainianos --e Agreos e Dólopes---Perrebos---de Zacinto e Cefalonia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Período helenístico Categoría:Ligas da Grecia Antiga