A Madanela é un lugar da aldea de Remourelle e da parroquia de Arante, no concello lucense de Ribadeo na comarca da Mariña Oriental.

Toponimia O topónimo A Madanela é unha forma popular do hebraico Magdalena, á súa vez xentilicio de Magdala, nome dunha localidade palestina que parece remontar ao hebraico migdal ‘torre’. O portugués medieval coñeceu formas como Maudalena e Moudalena, mentres que na toponimia galega predominan as variantes Madanela e Madalena. Todas elas aluden á personaxe bíblica do mesmo nome, María de Magdala, que conta cunha capela na aldea de Remourelle da que popularmente forma parte.

Lugares e parroquias Lugares de Arante

Parroquias de Ribadeo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ribadeo

Categoría:Lugares de Ribadeo