Damas do teatro (en ) é un filme estadounidense de 1937 dirixido por Gregory La Cava. É unha adaptación da obra do mesmo nome, e conta a historia de varias aspirantes a actrices que viven xuntas no 158 West 58th Street de Nova York. Está protagonizado por Katharine Hepburn, Ginger Rogers, Adolphe Menjou, Gail Patrick, Constance Collier, Andrea Leeds, Samuel S. Hinds e Lucille Ball. Eve Arden e Ann Miller, que acadaron a fama en filmes posteriores, interpretan papeis menores.

Estreouse en galego o 20 de novembro de 2021 a través da TVG.

Sinopse Terry Randall é unha moza aspirante a actriz que chega ao Footlight Club,Segundo Robert Osborne, presentador de Turner Classic Movies, estaba inspirado no real Rehearsal Club. unha pensión teatral de Nova York onde viven outras actrices que desexan triunfar. Alí, a súa presenza provoca roces con elas, incluíndo a súa nova compañeira de cuarto Jean Maitland, á que non lle fai graza a chegada de Terry á casa. Cando o produtor teatral Anthony Powell se fixa na atractiva Jean, é Terry en cambio quen entra na escena.

Algunhas compañeiras non terán máis remedio que esquecer os seus soños, quedar, casar ou volver ao lugar do que saíron un día.

Personaxes 120px Katharine Hepburn como Terry Randall 120px Ginger Rogers como Jean Maitland 120px Adolphe Menjou como Anthony Powell 120px Gail Patrick como Linda Shaw 120px Constance Collier como Anne Luther 120px Andrea Leeds como Kay Hamilton 120px Samuel S. Hinds como Henry Sims 120px Lucille Ball como Judy Canfield Eve Arden como Eve Ann Miller como Annie Franklin Pangborn como Harcourt William Corson como Bill Pierre Watkin como Richard Carmichael Grady Sutton como "Butch" Frank Reicher como director de teatro Jack Carson como Mr. Milbanks Phyllis Kennedy como Hattie Margaret Early como Mary Lou Florence Reed (sen acreditar)

Notas

Categoría:Filmes de 1937 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Gregory La Cava Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de 1937 con versión en galego Categoría:Filmes sobre suicidio