Unión Demócrata Foral (UDF) foi o nome dunha coalición electoral española de ámbito navarro que concorreu ás eleccións municipais e autonómicas de 1987. Formábana o Partido Demócrata Popular, o Partido Liberal, que abandonaran pouco antes Coalición Popular, e un pequeno partido democristián de ámbito navarro, o Partido Demócrata Foral. A súa cabeza de lista para as eleccións ao Parlamento de Navarra foi Jaime Ignacio del Burgo, do Partido Demócrata Popular.Resultados das eleccións autonómicas en Navarra, na páxina de eleccións españolas de Carles Tek]
UDF obtivo 3 deputados nas eleccións ao Parlamento de Navarra, grazas aos 17.663 votos conseguidos (6,32%), e formou un grupo parlamentario propio.Crónica sumaria da segunda lexislatura do Parlamento de Navarra (1987-1991), por Martín Mª Razquin Lizárraga, letrado maior do Parlamento de Navarra En 1989, tras a refundación do Partido Popular, na que se integraron os partidos que compuñan UDF, os dous parlamentarios de Alianza Popular integráronse no grupo parlamentario de UDF, creando o Grupo Parlamentario Popular composto por 5 membros.
UDF tamén conseguiu un concelleiro no concello de Pamplona.
Notas
Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España Categoría:Partidos políticos de Navarra