Oscar Fingal O'Flahertie Wills Wilde máis coñecido por Oscar Wilde, nado o 16 de outubro de 1854 en Dublín, entón pertencente ao Reino Unido, e finado o 30 de novembro de 1900 en París, foi un escritor de orixe irlandesa .
Traxectoria Os pais de Wilde eran intelectuais anglo-irlandeses de Dublín. Na súa xuventude xa dominaba o francés e o alemán. Na universidade cursou estudos clásicos, demostrando ser un clasicista excepcional, primeiro no Trinity College de Dublín e logo no Magdalen College de Oxford. Durante esa época vinculouse á filosofía emerxente do esteticismo, liderada por dous dos seus titores, Walter Pater e John Ruskin. Despois da universidade, Wilde trasladouse a Londres, onde se integrou nos círculos culturais e sociais de moda.
Escribiu unha serie de comedias levemente irónicas, entre estas Unha muller sen importancia, O Leque de Lady Windernere, A importancia de ser serio. Os seus contos como O príncipe feliz, O reiseñor e a rosaCucaina literaria, Criticalia, 26 de outubro de 2012. son dunha beleza incalculábel. Entre os romances, destacan O retrato de Dorian Gray e O crime de Lord Artur Saville. A súa lírica alcanza grande profundidade na Balada do cárcere de Reading e no fragmento De profundis.
En maio de 1895, após tres polémicos xuízos, foi condenado a dous anos de prisión, con traballos forzados, por "cometer actos inmorais con diversos rapaces". As condicións da prisión na Inglaterra eran extremadamente crueis. Wilde escribiu unha denuncia longa e mordaz contra un rapaz chamado Bosie, publicada no libro De profundis, acusándoo de telo arruinado. Bosie era o apelido dun dos seus amantes. Foi o pai de Bosie quen levou a Oscar Wilde ao tribunal.
Obras miniatura|200px|Estatua de Oscar Wilde situada en Dublín (Irlanda) Poesía Poems (1881) A balada do cárcere de Reading (The Ballad of Reading Gaol, 1898)
Teatro Vera; or, The Nihilists (1880) The Duchess of Padua (1883) Salomé (versión francesa) (1893) Lady Windermere's Fan (1892) A Woman of No Importance (1893) Salomé: A Tragedy in One Act: Translated from the French of Oscar Wilde by Lord Alfred Douglas with illustrations by Aubrey Beardsley (1894) An Ideal Husband (1895) Ernest. Comedia frívola para xente seria (1895) La Sainte Courtisane e A Florentine Tragedy
Prosa A pantasma de CantervilleFicha da obra en LG3 , traducida ao galego por Gustavo Luca de Tena e publicada na Colección Xabarín por Xerais en 1983. Existe outra tradución posterior deste e doutros contos incluídos na compilación A pantasma de Canterille e outros contos , publicada por Vicens Vives en 2013. Foi novamente traducida por Aida Domènech Núñez en 2021 e publicada en Sushi Books. (The Canterville Ghost, 1887) The Happy Prince and Other Stories (1888) Lord Arthur Savile's Crime and Other Stories (1891) Intentions (1891) O retrato de Dorian Gray (The Picture of Dorian Gray, 1891) A House of Pomegranates (1891) The Soul of Man under Socialism (1891) De profundisTraducido ao galego por Fidelina Seco Vilariño e Luz Cao Losada e publicado por Laiovento en 1994. (1905) The Letters of Oscar Wilde (1960) Teleny or The Reverse of the Medal (1893)
Contos O xigante egoísta (1888) O príncipe feliz (1888) Notas
Véxase tamén