Non confundir con Ángel Sevillano Estremera (Vigo 1942-1994), pintor, fillo de Ánxel Sevillano García.

Ánxel Sevillano García, nado en Vigo o 25 de xullo de 1906 e finado en Pontevedra o 31 de decembro de 1989, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria De neno pasou algúns anos en Fondo de Cea (San Cristovo de Cea), terra da súa nai, o que influíu na súa obra.

Tivo amplas cotas de responsabilidades como xornalista, xa que foi redactor xefe de El Pueblo Gallego e director de Grial e de Anuario de Vigo.

Foi correspondente da Real Academia Galega. Vida persoal

Foi pai do pintor Ángel Sevillano Estremera.

Obra Poesía O muíño albeiro (1935; con prólogo de Ramón Otero Pedrayo) O amor, o mar, o vento e outros gozos (1938) Terra liñar (1947) As dornas da preguiza (Colección Salnés, 1963).As dornas da preguiza en Google Books.

Narrativa Historias do canizo (1979, con historias da terra da súa nai, Fondo de Cea) Doutor Famiano (novela, 1988)

Premios Premio ao mellor artigo da Delegación Nacional de Prensa en novembro de 1943 por "El amor a la tierra" Premio Ciudad de Vigo de Cinematografía polo guión Tierra Nuestra (1960)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega