Cessna Aircraft Company foi un fabricante estadounidense de aeronaves de aviación xeral con sede en Wichita, Kansas. A compañía producía pequenos avións con motores de pistóns e reactores executivos. De mediados a finais do século XX Cessna foi un dos produtores máis diversos e con maior volume de aeronaves de aviación xeral do mundo. Foi fundada en 1927 e mercada por General Dynamics en 1985, e posteriormente por Textron, Inc. en 1992. En marzo de 2014, cando Textron mercou as corporacións Beechcraft e Hawker Aircraft, Cessna cesou as súas operacións como compañía filial e uniuse ás outras como unha das tres marcas distintas producidas por Textron Aviation.

Avións En maio do ano 2022 Textron Aviation fabricaba os seguintes produtos coa marca Cessna:

Cessna 172 Skyhawk - avión de á alta, motor de pistóns, e catro asentos en produción dende 1955. Trátase do avión máis fabricado da historia. Cessna 182 Skylane - avión de á alta, motor de pistóns, e catro asentos en produción dende 1956. Cessna 206 Stationair - avión utilitario de á alta, motor de pistóns e seis asentos en produción dende 1962. Cessna 208 Caravan - avión utilitario de á alta e motor turbohélice en produción dende 1984. Cessna 408 SkyCourier - avión utilitario de á alta e dous motores turbohélice en desenvolvemento (a produción comezará en 2022). Familia Cessna Citation - reactores executivos bimotores. Cessna Citation 525 M2/CJ series - en produción dende 1991. Cessna Citation 560XL Excel - en produción dende 1996. Cessna Citation 680A Latitude - en produción dende 2014. Cessna Citation 700 Longitude - en produción dende 2019.

Notas

Categoría:Construtores aeronáuticos Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América