miniatura|dereita|200px|Busto de Bravo Murillo en Las Palmas de Gran Canaria. Juan Bravo Murillo, nado en Fregenal de la Sierra o 24 de xuño de 1803 e finado en Madrid o 11 de febreiro de 1873, foi un político, xurista e economista español.
Traxectoria Estudou leis nas Universidades de Salamanca e Sevilla onde se licenciou en 1825. Tras a morte de Fernando VII foi nomeado fiscal da Audiencia Provincial de Cádiz. Foi elixido para Deputado en 1837 e 1840 militando nas filas do Partido Moderado. Até ese momento a súa actividade política foi escasa debido a que as súas ideas reacionarias chocaran co espírito liberal do xeneral Espartero, Rexente durante a minoría de idade da Isabel II.
En 1847, durante a Década Moderada é nomeado Ministro de Xustiza por Carlos Martínez de Irujo, uníndose a Narváez que o nomeará máis tarde para a carteira de Facenda por primeira vez. Dende estes momentos asumirá diversos ministerios até que en 1850 é nomeado Presidente do Consello de Ministros, posto que volveu ocupar de 1851 a 1852.
Os sucesos da revolución de 1848 levárono a redactar un proxecto de constitución de corte absolutista para eliminar o carácter liberal que, segundo o seu xuízo, tiña a constitución de 1845; pero é rexeitada e á chegada do Bienio Progresista vese obrigado a abandonar a política, aínda que ocasionalmente será Presidente do Congreso dos Deputados.
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de presidentes de España Lista de presidentes do Congreso dos Deputados de España
Categoría:Presidentes de España Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en Fregenal de la Sierra Categoría:Nados en 1803 Categoría:Finados en 1873 Categoría:Xuíces de España Categoría:Economistas de España Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Presidentes do Congreso dos Deputados Categoría:Políticos do Partido Moderado