Antágoras de Rodas (latín: Antagoras, grego: Ἀνταγόρας) foi un poeta épico grego que viviu na segunda metade do Século -III. Era amigo de Antígono II Gónatas e contemporáneo de Arato.
Traxectoria
Dise que lle gustaba a boa vida, e Plutarco e Ateneo contan algunhas anécdotas xocosas. Escribiu un poema titulado Thebais (Θηβαΐς) que se di que cando llo leu aos beocios o atoparon tan tedioso que non puideron evitar bocexar. Compuxo algúns epigramas, algúns dos cales se conservan, incluídos na Antoloxía grega.
Notas
categoría:nados en Rodas categoría:escritores en lingua grega antiga Categoría:Personalidades de Rodas na Antigüidade Categoría:Nados no século -III