Os receptores de andróxenos de membrana (mARs) son un grupo de receptores acoplados á proteína G (GPCRs) que se unen e son activados pola testosterona e/ou outros andróxenos, que se encontran na membrana plasmática. A diferenza do receptor de andróxenos (AR), que é un receptor nuclear que produce os seus efectos por medio de mecanismos xenómicos, os mARs son receptores da superficie celular que alteran rapidamente a sinalización celular por modulación da fervenza de sinalización intracelular. Entre os mARs coñecidos ou propostos están o ZIP9 e o GPRC6A.

O GPRC6A está implicado na función testicular e o cancro de próstata. Tamén se observou que os mARs se expresan en células de cancro de mama. A activación de mARs pola testosterona incrementa a forza do músculo esquelético, o que indica potenciais efectos anabólicos. Os mARs tamén foron implicados en efectos antigonadotrópicos dos andróxenos. O 3α-androstanediol, un metabolito activo da dihidrotestosterona (DHT) e un andróxeno débil así como un neuroesteroide por medio da súa acción como modulador alostérico positivo do receptor do GABAA, inflúe rapidamente na receptividade e o comportamento sexual en animais, un efecto que depende do receptor do GABAA.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Receptor de esteroides de membrana

Categoría:Receptores acoplados á proteína G Categoría:Proteínas