Dólar de prata do150 aniversario do Instituto Smithsoniano360x360pxA/: Figura feminina que sostén un facho e un pergamiño, sobre o globo terrestre. Marca de gravador (JM). Lendas: UNITED STATES OF AMERICA/ FOR THE INCREASE AND DIFFUSION OH KNOWLEDGE / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLARR/: Fachada do edificio sede do Instituto Smithsoniano. Marcas de ceca e de gravador (TDR). Lenda: LIBERTY / IN GOD WE TRUST / Smithsonian 1846-1996. Valor: 1 dólar. Gravador: John M. Mercanti (anv.) e Thomas D. Rogers (rev.). Datas de emisión: 1996 Ceca: US Mint: Cecas de Filadelfia e de Denver. Tiraxe: 160.382 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.
O dólar de prata do 150 aniversario do Instituto Smithsoniano é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1996 e cuñada polas Cecas de Filadelfia e de Denver.
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 104-96, do 10 de xaneiro de 1996,"Public Law 104-96 - JAN. 10, 1996". Uscode.house.gov pola que se dispuxo a emisión dunha moeda conmemorativa do 150 aniversario da fundación do Instituto Smithsoniano."Smithsonian 150th Anniversary Dollar". United States Mint.
Esta moeda está integrada nun programa de emisións para 1996 que conta tamén cunha moeda de 5 dólares de ouro conmemorativa da mesma efeméride."Smithsonian 150th Anniversary Gold $5". United States Mint.
Deseño miniatura|A medalla de ouro Langley, do Instituto Smithsoniano, da que toma o motivo do anverso esta moeda conmemoratiiva. No anverso da moeda, deseñado e gravado polo gravador da US Mint John M. Mercanti, reprodúcese unha figura feminina cunha toga que sostén o facho do coñecemento e un pergamiño coas palabras ART ("Arte"), HISTORY ("Historia") e SCIENCE ("Ciencia"), posta de crequenas sobre o globo terrestre. A escena está baseada no deseño da medalla de ouro Langley, do Instituto Smithsoniano. Completan o anverso a lenda UNITED STATES OF AMERICA na parte superior, o lema E PLURIBUS UNUM e o valor facial na inferior, e á dereita da figura a lenda alusiva ao motivo conmemorado, FOR THE INCREASE AND DIFFUSION OH KNOWLEDGE ("Para o aumento e a difusión do coñecemento")."1 Dollar Smithsonian 150th Anniversary". Numista.com
miniatura|220x220px|Fachada do edificio principal do Instituto Smithsoniano en Washington, que se reproduce no anverso da moeda conmemorativa.
Pola súa banda, o reverso, obra de Thomas D. Rogers, reproduce a fachada do edificio sede do Instituto Smithsoniano en Washington, cos lemas LIBERTY ("Liberdade") e IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos"), na parte superior e a lenda "Smithsonian 1846-1996" no exergo.
Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 650.000 de exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia na súa versión estándar e na Casa da Moeda de Denver na versión con acabamento especial (proof), e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde o 5 de agosto de 2006.
A súa produción foi de 31.230 moedas na súa condición estándar e 129.152 en versión con acabamento (proof), o que fai un total de 160.382 exemplares."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1996 Smithsonian 150th Anniversary". United States Mint.
A moeda comercializouse aos prezos de 32 dólares en condición estándar e 37 en versión proof, e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse nun 85 % para o financiamento das actividades do Instituto Smithsoniano e un 15 % para o funcionamento da Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos, xestionada tamén por este instituto.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Instituto Smithsoniano Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
"1996 Smithsonian Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)
Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América