Noemí Casquet, nada en Sabadell o 7 de febreiro de 1992, é unha xornalista e escritora española especializada en divulgación sexual e investigadora sobre sexualidade ancestral. Foi presentadora de programas de televisión e en plataformas online, e participou como redactora e columnista de medios de comunicación recoñecidos. É cofundadora e directora de Santa Mandanga, a primeira plataforma de educación sexual explícita.«Noemí Casquet, cofundadora y directora de la escuela de sexualidad online Santa Mandanga». http://www.santamandanga.com Consultado o 17 de xaneiro de 2022

Leva máis de dez anos tratando temáticas como o sexo, a antropoloxía sexual, o feminismo, as relacións afectivas, o colectivo LGTBI e a loita social. Ten un distintivo discurso cheo de forza e rebeldía que a converteu nun referente dentro da sexualidade, o feminismo e as relacións non convencionais. Grazas ás redes sociais, Casquet logrou captar un gran número de seguidores en InstagramPerfil de Instagram de Noemí Casquet. https://instagram.com/mamacasquet?utm_medium=copy_link Consultado o 20 de xaneiro de 2022 e YouTube, a quen trata de liberar do sistema establecido a través dun estilo de comunicación natural e próximo.

Traxectoria

Carreira profesional Casquet colaborou con varios medios de comunicación, entre eles, como columnista en La Vanguardia e tamén con El Mundo, El Español e Europa Press. Foi entrevistada por El País e por El Periódico, entre outros. Neles falou de temas como o poliamor, o sexo ou as diferenzas entre homes e mulleres en relación coa sexualidade. Colaborou en varias ocasións en emisións de radio en RTVE (Play Radio) falando do seu libro “Cuerpos”, en Radio Euskadi describindo o concepto do sexo como “unha arma de revolución masiva” e en Cadena Ser - Radio Cartagena falando de como as mulleres lle agradecen cambiarlles a súa vida sexual.«Noemí Casquet: “Muchas mujeres me agradecen que les haya cambiado su vida sexual” ». Cadena Ser - Radio Cartagena. Consultado o 12 de xaneiro de 2022

Como presentadora de televisión, dende 2021 presenta o programa “Llámalo X”, producido por RTVE en colaboración con Dadá Films and Entertainment). Nel realiza entrevistas relacionadas co ámbito do xénero e a sexualidade, e trata cuestións como o poliamor, as novas masculinidades, a sexualidade trans ou a asexualidade.

Tamén participou en programas como La Resistencia (Movistar+) e Adolescents XL (TV3), e en podcasts como o Podium Podcast de Alex Fidalgo e o Bego Beristain.«Noemí Casquet: “Rebo ‘fotopolles’ de la gent que em demana consells”». TV3 a la carta (Programa Adolescents XL). Consultado o 12 de xaneiro de 2022Entrevista Podcast a Noemí Casquet, Podiumpodcast. https://www.podiumpodcast.com/lo-que-tu-digas/temporada-1/noemi-casquet-no-solo-sexo/ Consultado o 13 de xaneiro de 2022Podcast Bego Beristain . https://www.ivoox.com/podcast-begoberistain-protagonista-noemi-casquet-audios-mp3_rf_56809103_1.html Consultado o 12 de xaneiro de 2022

Noemí Casquet presentou ademais o Salón Erótico de Barcelona de 2019. En 2020 participou no evento TEDTalk x UCM (El Futuro), en que salientou, desde a súa experiencia, a necesidade da liberación e a naturalización do sexo.

En 2022 Atresmedia fará unha adaptación televisiva da triloxía “Zorras, Malas y Libres”. Varias fontes confirmaron que a serie se empezará a rodar ese ano.

Publicacións Noemí Casquet leva escritas sete novelas eróticas (unha triloxía, unha biloxía e dúas novelas), que presentou por toda España. Con elas tivo éxito tamén en América, en concreto, coa xira da súa biloxía "Cuerpos y Almas" na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara (México) de 2021. A biloxía publicouse na Arxentina, México, Colombia, Chile e nos EUA (en español).

Mala Mujer (Lunwerg - Grupo Planeta, 2019) No seu primeiro libro, a xornalista analiza as etiquetas de identidade de xénero. A novela menciona temas como a identidade sexual, o ciclo menstrual (e a súa relación co ciclo lunar), a masturbación, o feminismo, a sexualidade e o amor.

Zorras, Malas y Libres (Ediciones B, Penguin Random House, 2020) Esta triloxía supuxo a consolidación da carreira de Noemí Casquet como novelista. Alicia, Diana e Emily, as tres protagonistas, coñécense nun momento clave das súas vidas e deciden formar un club para cumprir as súas fantasías sexuais.

Cuerpos y Almas (Ediciones B, 2021) Esta biloxía trata a identidade e o desexo a través dunha historia chea de paixón, erotismo e profundidade. A obra, segundo Casquet, “ten moito dela, da relación que tivo ao longo da súa vida cos homes”, e “non vai deixar a ninguén indiferente”. A autora tamén declarou:

Notas

Categoría:Xornalistas de España Categoría:Nados en Sabadell Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en 1992