dereita|miniatura|Homenaxe xunto á súa tumba en Pentes.
José Luis Bouzas Fernández, nado en Allariz cara a 1906 e finado en Pentes (A Gudiña) o 1 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Foi alumno de Vicente Risco na Escola Normal de Ourense. Foi animador de actividades culturais e deportivas en Allariz. Colaborou en Heraldo de Galicia. Mestre na escola de Flariz, estaba afiliado á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO) e era secretario do Partido Galeguista de Monterrei. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, paseado e queimado vivo na estrada de Verín á Gudiña no lugar da Poula de Martiño (Pentes) o 1 de setembro de 1936.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Allariz Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes