Lucía Pardo Méndez, nada en Outeiro de Rei o 5 de xaneiro de 2000, é unha futbolista galega que xoga como dianteira no Deportivo da Coruña, da Primeira División.

Traxectoria Comezou a xogar no Milagrosa con 13 anos na tempada 2013/14. Na tempada seguinte fichou polo PM Friol, no que xogou sete tempadas. No 2021 pasou a xogar co filial do Madrid CFF na Segunda División, e esa mesma tempada foi a segunda máxima goleadora da categoría. con 16 goles. A continuación pasou ao primeiro equipo, co que debutou na Primeira División.

En xullo de 2024 asinou como nova xogadora da Real Sociedad, tamén de Primeira. Militou dous anos no club vasco, co que xogou un total de 58 encontros oficiais, marcando 12 goles.

No verán de 2026 regresou a Galicia para fichar polo Deportivo da Coruña.

Notas

Véxase tamén Perfil de Lucía Pardo na web da Primeira división española de fútbol.

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Outeiro de Rei Categoría:Futbolistas de Outeiro de Rei Categoría:Xogadoras do Deportivo da Coruña Feminino Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes