Nalda é un concello e localidade da comunidade autónoma da Rioxa (España). A súa poboación era de 1 127 habitantes en 2021 e ten unha extensión de 24,6 km². Situada no val do río Iregua e ao pé da serra de Moncalvillo, limita ao norte con Albelda de Iregua, ao sur con Viguera, ao leste con Clavijo e Soto en Cameros (aldeas de Trevijano e Luezas) e ao oeste con Sorzano. Conta cun núcleo de poboación situado á beira da estrada N-111 co nome de Islallana.

Demografía

Poboación por núcleos Núcleos Habitantes (2001) Habitantes (2015Nomenclátor INE) Nalda 776 836 Islallana 117 147

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do concello de Nalda Imaxes de Nalda e a súa contorna