O caddo é unha lingua indíxena americana, a lingua tradicional do pobo caddo.The Linguist List É unha lingua en perigo crítico, sen falantes monolingües e só 25 falantes contabilizados no ano 1997, os cales adquiriron a lingua cando eran nenos fóra da ensinanza escolar.SIL International, 2009 O caddo ten varios dialectos mutuamente intelixibles. Os dialectos máis usados son hasinai e hainai; outros inclúen kadohadacho, natchitoches e yatasi.Caddo Nation, 2007 O caddo está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Relación lingüística O caddo está relacionada lingüísticamente cos membros da familia caddo do norte; esta inclúe as linguas pawnee-kitsai (arikara, kitsai e pawnee) e a wichita. O kitsai e o wichita están extintos, e o pawnee e o arikara teñen menos falantes que o caddo.Native Languages of the Americas, 2011
Outra lingua, o adai, crese que foi unha lingua caddo, pero debido aos escasos recursos e ao estado de extinción da lingua, esta conexión non é concluínte e o adai é xeralmente considerado un idioma illado.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Caddo Nation. 2007. Caddo Nation – Language. (20 de outubro de 2011). Kiwat Hasinay Foundation. 2005. Kiwat Hasinay Foundation. (20 de outubro de 2011). Melnar, Lynette R. 2004. Caddo Verb Morphology. Lincoln: University of Nebraska Press. Native Languages of the Americas. 2011. Caddo Language and the Caddo Indian Tribe (Kadohidacho, Hasinai, Hasinay). (20 de outubro de 2011). World Atlas of Language Structures Online. Caddo. (20 de outubro de 2011). Ligazóns externas Caddo Language: A Grammar, Texts, and Dictionary Based on Materials Collected by the Author in Oklahoma Between 1960 and 1970, Dr. Wallace Chafe, Mundart Press (6 de outubro de 2018). Kiwat Hasinay Foundation Caddo Alphabet (PDF) Kúhaʔahat Oklahoma! - Como dicir "ola" en caddo Caddo Indian Language (Hatsinai) OLAC resources in and about the Caddo language
Categoría:Linguas caddo Categoría:Pobo caddo