A guerra dakota de 1862, tamén coñecida como a sublevación síux, o conflito dakota, a guerra entre os Estados Unidos e os dakota de 1862 ou a guerra de Little Crow, foi un conflito armado entre os Estados Unidos e diversas bandas dos dakota orientais, tamén coñecidos como síux santee. Comezou o 18 de agosto de 1962 en Lower Sioux Agency xunto ao río Minnesota, no sur de Minnesota.
Os dakotas orientais foron coaccionados para que cedesen grandes extensións de terra aos Estados Unidos nunha serie de tratados asinados en 1837, 1851 e 1858, en troques de anualidades en efectivo, pagos de débedas e outras provisións. As catro bandas dos dakotas orientais, especialmente a mdewakanton, foron desprazadas e trasladadas de mala gana a unha reserva que tiña vinte millas de ancho, dez a ambos os dous lados do río Minnesota. Alí, foron alentados polos axentes indios dos Estados Unidos a converterse en agricultores no canto de continuar coas súas tradicións de caza. Mentres tanto, a poboación de colonos no Territorio de Minnesota pasara de 6.077 en 1850 a 172.072 en 1860, despois de que se convertese nun estado. Unha mala colleita en 1861, seguida dun inverno duro xunto cunha caza pobre debido ao esgotamento da caza salvaxe, levou á fame e a severas dificultades a moitos dos dakotas do leste. No verán de 1862, as tensións entre os dakotas orientais, os comerciantes e os axentes indios chegaron a un punto de ruptura, porque os axentes indios atrasáronse cos pagos das anualidades que o goberno dos Estados Unidos lles debía aos dakotas orientais. Os comerciantes negáronse a estender o crédito aos membros da tribo por comida, en parte porque os comerciantes sospeitaban que os pagos poderían non chegar debido á guerra civil estadounidense.Mary Lethert Wingerd, North Country: The Making of Minnesota (2010) p. 302.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Anderson, Gary Clayton. Massacre in Minnesota: The Dakota War of 1862, the Most Violent Ethnic Conflict in American History (Norman: University of Oklahoma Press, 2019) Beck, Paul N., Soldier Settler and Sioux: Fort Ridgely and the Minnesota River Valley 1853–1867. Sioux Falls, SD: Pine Hill Press, 2000. Beck, Paul N. Columns of Vengeance: Soldiers, Sioux, and the Punitive Expeditions, 1863-1864. Norman, OK: University of Oklahoma Press, 2013. Berg, Scott W., 38 Nooses: Lincoln, Little Crow, and the Beginning of the Frontier's End. New York: Pantheon, 2012. Carley, Kenneth. The Sioux uprising of 1862 (2nd ed. Minnesota Historical Society, 1976), 102pp well illustrated. Chomsky, Carol. "The United States-Dakota War Trials: A Study in Military Injustice". 43 Stanford Law Review 13 (1990). Clemmons, Linda M. Dakota in Exile: The Untold Stories of Captives in the Aftermath of the US–Dakota War. Iowa City, IA: University of Iowa Press, 2019. Collins, Loren Warren. The Story of a Minnesotan, (private printing) (1912, 1913?). Cox, Hank. Lincoln And The Sioux Uprising of 1862, Cumberland House Publishing (2005). Folwell, William W.; Fridley, Russell W. A History of Minnesota, Vol. 2, pp. 102–302, St Paul, MN: Minnesota Historical Society Press, 1961. Haymond, John A. The Infamous Dakota War Trials of 1862: Revenge, Military Law and the Judgment of History. Jefferson, NC: McFarland, 2016. Jackson, Helen Hunt. A Century of Dishonor: A Sketch of the United States Government's Dealings with some of the Indian Tribes (1887), Chapter V.: The Sioux, pp. 136–185. Johnson, Roy P. The Siege at Fort Abercrombie, State Historical Society of North Dakota (1957). Lass, William. "Little Crow and the Dakota War" Annals of Iowa (2007) 66#2 pp 196–197. Linder, Douglas The Dakota Conflict Trials of 1862 (1999). Nichols Roger L. Warrior Nations: The United States and Indian Peoples. Norman, OK: University of Oklahoma Press, 2013. Schultz, Duane. Over The Earth I Come: The Great Sioux Uprising Of 1862. New York: St. Martin's Griffin (1993). Wingerd, Mary Lethert. North Country: The making of Minnesota (U of Minnesota Press, 2010). Yenne, Bill. Indian Wars: The Campaign for the American West Yardley, PA: Westholme Publishing, 2005.
Ligazóns externas
Minnesota Historical Society: US-Dakota War of 1862 Minnesota Historical Society: Historic Fort Snelling: The US-Dakota War of 1862 Dakota Conflict Documentary produced by Twin Cities Public Television (also here ) Dakota Exile Documentary produced by Twin Cities Public Television (also here )
Categoría:Guerra dakota de 1862 Categoría:Guerras do século XIX