Without a Paddle é un filme estadounidense de 2004 dirixido por Steven Brill, escrito por Jay Leggett e Mitch Rouse, e baseado na historia orixinal de Harris Goldberg, Tom Nursall e Fred Wolf. Está protagonizado por Seth Green, Matthew Lillard, Dax Shepard, Ethan Suplee, Abraham Benrubi, Rachel Blanchard, Christina Moore, Bonnie Somerville, Ray Baker e Burt Reynolds. Conta a historia de tres amigos da infancia reunidos que van de viaxe por un río remoto para buscar o botín do paracaidista D. B. Cooper. Tivo unha secuela, titulada Without a Paddle: Nature's Calling, que se estreou en formato de vídeo de consumo caseiro en xaneiro de 2009.
Personaxes
Seth Green como Dan Mott Jarred Rumbold como Dan de neno Matthew Lillard como Jerry Conlaine Andrew Hampton como Jerry de neno Dax Shepard como Tom Marshall Matthew Price como Tom de neno Burt Reynolds como Del Knox Bonnie Somerville como Denise Ethan Suplee como Elwood Ray Baker como Hank Briggs Abraham Benrubi como Dennis Rachel Blanchard como Flower Christina Moore como Butterfly Antony Starr como Billy Newwood Carl Snell como Billy de neno Scott Adsit como Greasy man Danielle Cormack como Toni Bart the Bear 2 como oso grizzly Frank Welker como efectos vocais do oso
Acollida Recadación Without a Paddle quedou segundo na súa primeira fin de semana por detrás de Exorcist: The Beginning, conseguindo 13 528 946 dólares. Recadou finalmente 58 169 327 dólares en América do Norte e 14 859 863 dólares internacionalmente, sumando un total de 73 029 190 dólares.
Notas
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados en Nova Zelandia