miniatura|dereita|Partido entre o Manse PP e o KaMa en 2007. O Manse PP é un equipo de pesäpallo da cidade de Tampere, Finlandia. O club naceu no ano 2005 e en 2025 tiña equipos masculino e feminino na máxima categoría, a Superpesis. Ademais Manse PP ten unha escola de pesäpallo e varios equipos xuvenís. O presidente de Manse PP Edustus ry é Matti Helimo. O predecesor do club, o Mansen Pesäpallo, xogou en 1988 a final da Suomen Cup e na tempada 1991 a Superpesis. O equipo feminino gañou varias medallas na década de 1980, así como o campionato finlandés en 1984.
O Manse PP xoga os seus partidos como local no estadio de pesäpallo de Kauppi.
Nome Manse é un dos nomes co que se coñece a cidade de Tampere. O termo provén do nome da cidade industrial inglesa de Manchester, que foi modelo da cidade de Tampere, coñecida como a "Manchester de Finlandia".
Estadio miniatura|250px|Exterior do estadio de pesäpallo de Kauppi. Manse PP xoga os seus partidos como local no estadio de pesäpallo de Kauppi. A superficie do campo e o campo de adestramento foron renovados para a tempada 2020. Esperábase que a renovación do estadio de esquí e pesäpallo de Kauppi estivese lista para a tempada 2021, mais finalmente non se completou ata o 2022. O orzamento total do proxecto do estadio era de 10 millóns de euros. Nas eleccións municipais de 2021 Lauri Lyly e Kalervo Kummola, que competían pola alcaldía da cidade, salientaron polo seu apoio á construción do estadio de pesäpallo.
Palmarés Feminino 1 Superpesis: 2017, 2024, 2025 2 medallas de prata: 2018, 2020, 2022, 2023 1 medalla de bronce: 2021
Masculino 1 Superpesis: 2021, 2025 1 medalla de prata: 2022
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de Manse PP
Categoría:Deporte en Tampere Categoría:Equipos de pesäpallo