Estíbaliz Espinosa Río, nada na Coruña o 6 de xullo de 1974, é unha poeta, ensaísta, tradutora, cantante e comunicadora de ciencia galega. Fusiona de xeito único a poesía, a ciencia e o canto. Licenciouse pola Universidade da Coruña en Socioloxía e en Filoloxía Hispánica.

Traxectoria

Poesía O seu primeiro poemario en galego é Mecánica Zeleste (1999). onde xa apunta temas como a astronomía e a rebeldía poética. Publicou Pan (libro de ler e desler) (2000), –orama (2002) e Número e (2004), un ciclo con textos que aluden á ciencia, ao íntimo, á procura da identidade e a unha relación poética coa matemática. Neste conxunto hai referencias á ollada, á hibridación con outras ciencias e artes, e toca aspectos como a perspectiva de xénero, os contos de fadas ou a astronomía dende un sentido profundamente filosófico.

Zoommm.Textos biónicos (2007/2009) e Papel a punto de (2011) son obras poéticas experimentais sobre a bioloxía, a ciencia, a lingua e o sistema literario.

No poemario Curiosidade (2017), ilustrado por Celsius Pictor , consolida esta reflexión, ás veces con ironía, arredor da ciencia, a lingua, o xénero e a maternidade.

No poemario ...as neuronas irmás... (2018) tratou temas como a a conciliación do ser humano no cosmos, a bioloxía e a intelixencia artificial, e a sociopolítica familiar en torno ao dó pola morte dun ser querido.

Participa en revistas de ámbito nacional e internacional, como Dorna, Grial ou Strange Horizons.

Literatura, ciencia, música

Pioneira na dirección de iniciativas de poesía, ciencia e música en galego como O entrelazamento, Porto ciencia/Porto poema. A Coruña polímata, A ciencia do poema, Coruña Curiosa (Concello da Coruña, 2020, 2021, 2022, 2023 ao abeiro das axudas de libre concorrencia e transparencia para artistas locais), As curiosas: son de letras+ciencias, (Concello da Coruña, Xerminal, 2018, iniciativa de libre concorrencia), Curiosas na Lúa (Deputación da Coruña, 2019, Premio Luísa Villalta de ideas, de libre concorrencia), Escrita no ceo (Planetario da Coruña, 2014), Pinte un bisonte na caverna, por favor. Literatura e novas tecnoloxías (2007-2008, Centro On, Caixa Galicia) ou Novembro Estelar (Política Lingüística, Xunta de Galicia, 2021, 2022).

É unha voz convidada a numerosos festivais literarios nacionais e internacionais (Cosmopoética, Norte de Gales, La Mediterrània, Bowery Poetry Club, Nova York, Festival de Ecopoesía, Festival Nudo), científicos (Naukas Coruña, A fotografía 51, Coruña Comunica Ciencia) e musicais (Gratia Plena).

Codirixiu e presentou Ulalume, un programa literario na radio independente Cuac FM (1996-2001).

Na rede é escritora e administradora de varios blogs ...mmmm... [...], abra la cápsula, por favor. e sagasomos e o Laboratorio da palabra.

Gravou audiopoemas (Instituto Cervantes de Nova York, El Gaviero, 2005), audiolibros propios e podcasts

Traballou como actriz en varias obras de teatro e ópera (Peter Pan, O club da calceta, Don Giovanni, Evgeni Onegin, Turandot). É cantante profesional, con tesitura de mezzosoprano e soprano. Cantou no coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e Aisis e desenvolve traballo profesional como solista de jazz, música galega e canto lírico

Traballou no proxecto de poesía en planetarios Urban Travel Machines, coordinado por Philip Meersman, en Anveres, Bruxelas e A Coruña. miniatura|Caricatura de Estíbaliz Espinosa.

Estilo literario e crítica Na súa poética hibrida ciencia, filosofía e música, cun estilo literario perspicaz e moi recoñecible que combina a reflexión anovadora, o pensamento crítico e unha retranca ou ironía características da tradición literaria galega.

Está recoñecida como unha das voces máis potentes e singulares da literatura galega actual por críticos e xornalistas literarios como Mario Regueira, Montse Dopico, César Lorenzo ou Ramón Nicolás. Malia este recoñecemento de excelencia tanto crítico como lector, é das autoras máis subrepresentadas nos medios de comunicación.

Obra en galego Poesía Mecánica zeleste (1999). Pan (libro de ler e desler) (Sociedad de Cultura Valle-Inclán, 2000).Premio Esquío 1999 ISBN:9788494289064 -orama (Deputación de Pontevedra, colección Tambo, 2002). Inclúe o Premio de Novos Creadores Díaz Jácome 2001ISBN:9788484571063 Número e (Espiral Maior, 2004). Premio Espiral Maior 2001 Zoommm. Textos biónicos (A Regueifa Plataforma (descarga libre en www.aregueifa.net), 2007. Publicado como libro en Xerais no 2009). Curiosidade (Aira Editorial, 2017). Ilustrado por Celsius Pictor. ISBN: ISBN 978-84-947807-2-1 ...as neuronas irmás... (XV Premio de Poesía Afundación-Pen Clube, 2018) ISBN:9788409014019 Constelación Maruja que muta noutras (Galicia Futura, Cidade da Cultura, 2021). Ilustrado por Miguel Robledo

Ensaio Curiosas na Lúa (Deputación provincial da Coruña e A Curiosa, 2020) Poesía hexágono (Apiario Editorial, 2014)

Relato Cápsulas de son. 13 relatos sobre científicas (iBooks, 2015).

Tradución A illa curiosa e a tradución do universo, VV AA (Col. Cíes, Deputación provincial de Pontevedra, 2016) Cómo escribir una canción de amor, de Sholeh Wolpé (Olifante, 2016) O universo de Dona Pega, de Juan Carlos Medal, Jaítos (7emilias e Concello da Coruña, 2022) Un compromiso co asombro, de Rebecca Elson (Galaxia Editorial, 2023) Donaira, de Charlotte Perkins Gilman (Herland, 1915), tradución, ilustracións e estudo preliminar de Estíbaliz Espinosa e Irene Lema Suárez ( Boadicea Editora, 2026) ISBN: 979-13-991227-3-2

Con outras artes Vídeopoema Neuronas a ceo aberto (Galicia Futura, Cidade da Cultura, 2021), realizado por Lucía Estévez Audiolibro Constelación Maruja da plaquette poética sobre Maruja Mallo (Cidade da Cultura, 2021) Vídeopoema río invisible. Vía Láctea Dirixido por Juan Lesta Vídeopoema sobre Antonia Ferrín No xardín nocturno de Antonia Gustav Henningsen. O danés curioso en Ordes (aCentral Folque, 2018) Libro de fotografía A catro mans con [Samuel L. París] Formigas nos pantalóns (2013) Calendario de Ceos Galegos Astrofotografía 2021, 2022, 2023, 2024

Literatura infanto-xuvenil Caer de cu polo universo (Apiario, 2015). ISBN 978-84-943210-4-7 Abominables adorables (7emilias e Concello da Coruña, 2022; reeditado por Baía Edicións, 2023) ISBN 978-84-9995-441-7 Canto Cosmos (Edicións Embora, 2024). Ilustrado por Clara Cerviño. ISBN 978-84-17824-97-6 miniatura|En 2018 en Pontevedra.

Obras colectivas O libro dos abanos (palabras no aire) (Follas Novas, 2002). XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível (S. C. D. Condado, 2002). Mujeres de carne y verso (La Esfera, Madrid, 2002). Edición bilingüe galego-castelán. Poesía Galega Contemporánea III 1975-2000, La Voz de Galicia. Edición bilingüe galego-castelán. Sprache ist alles...(Ed. Klett-Cotta, Stuttgart) Alma de beiramar (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003). Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney, 2003). Negra Sombra (Espiral Maior, 2003). Das sonorosas cordas (Eneida, Madrid, 2005). O desafío das ondas (Autoridade Portuaria da Coruña, 2005). Que la fuerza te acompañe/May the force be with you (Salamandria, 2005). Son de poesia (Edições Fluviais, Lisboa, 2005). Do máis fondo do silencio saen voces (Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña, 2006). Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (Difusora, 2006). A Coruña á luz das letras (Trifolium, 2008). Letras novas (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2008). Erato bajo la piel del deseo (Sial Ediciones, 2010). Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (A Nave das Ideas, 2011), libro electrónico. Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (AELG, 2011), libro electrónico. As que rubimos montañas (2012, Meubook/Implicadas). A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos). Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013, A. C. Caldeirón). Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas (2014, Apiario). 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).

Obra en castelán Papel a punto de (2011). El Gaviero. Ana la Gaviera (2014). El Gaviero.

Traducións

En alemán Sprachbuch (2003). Ernst Klett Sprachen.

En inglés Supernatural Tongue (2016). Tradución ao inglés de Lawrence Schimel. Strange Horizons.

En italiano L'Europa dei giovanni (2007). CLEUP/Universidade de Padua.

Premios Premio Esquío de poesía (1999), por Pan (libro de ler e desler). Premio de poesía Díaz Jácome (2001), por -orama. Premio Espiral Maior (2001), por número e. Premio de Poesía Serie B da Semana Negra de Gijón (2011). 1º Premio de Podcasts Poético-Artísticos do Concello de Tarragona (2006). XV Premio de poesía Afundación (2017), por As neuronas irmás. XLV Premio Modesto Rodríguez Figueiredo (2020), por 23 xeitos de inventar unha constelación. Premio de Ideas Luísa Villalta (2019), por Curiosas na lúa: cultura científica con pegada e voz de muller. Premio Alfredo Iglesias en Teo (2023).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Web de Estíbaliz Espinosa Blog de Estíbaliz Espinosa Youtube Curiosas na Biblioteca Virtual Galega. Estíbaliz Espinosa en "Galicia, mujeres poetas (III)" (en castelán) Estíbaliz Espinosa en "Antología de Joven Poesía Gallega" (en castelán) Escolma de poemas en inglés (Big Bridge Press).

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Premio Esquío Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1974