As moedas do franco suízo son as emitidas a nome da Confederación Helvética, de curso legal neste país desde 1850 e en Liechtenstein"Relations bilatérales Suisse–Liechtenstein". Département fédéral des affaires étrangères. a partir de 1924, coa unidade e os múltiplos expresados en francos suízos e os divisores en rappen ou céntimos.

Debido á estabilidade política e monetaria da Confederación Helvética, os deseños das moedas do franco suízo non sufriron grandes cambios desde a súa introdución, á parte das modificacións nas aliaxes provocadas pola escaseza ocasionada pola primeira e a segunda guerras mundiais, así como polo aumento do prezo dos metais utilizados na súa composición.

As moedas do franco suízo teñen a particularidade de ser neutras con respecto ás catro linguas oficiais do país, xa que o nome do país está expresado en latín —CONFOEDERATIO HELVETICA— e o valor facial indícase coa abreviatura "Fr.", válida para franc en francés e en romanche, para franken en alemán e para franco en italiano, en tanto que as moedas divisionarias amosan unicamente a cantidade, sen alusión á unidade.

O código ISO 4217 é CHF, baseado na denominación do país en latín (CH) e na inicial do nome da moeda (F), común ás catro linguas."ISO 4217 Codes des monnaies". www.iso.org

Actualmente, todas as moedas están cuñadas na Casa da Moeda de Suíza (Swissmint), en Berna, aínda que a produción dos discos sobre os que se cuñan as moedas se subcontrata a outras empresas desde 1968."La fabrique de la monnaie". Swissmint. A cantidade de exemplares que compón cada tiraxe decídea o Departamento Federal de Finanzas, de acordo co Banco Nacional Suízo."Programme de frappe". Swissmint.

Historia

Antes do Estado Federal miniatura|Moeda de 16 francos da República Helvética (1800). Antes da creación do Estado federal en 1848 e coa única excepción da República Helvética (1798-1803), o dereito da cuñaxe de moeda estaba nas mans dos diversos cantóns, semicantóns e, nalgunhas ocasións, bispados. Ademais, as moedas estranxeiras representaban arredor do 80 % da masa monetaria en circulación. Calcúlase que ata ese momento se utilizaban en Suíza 860 tipos diferentes de moedas, o que dificultaba considerablemente o comercio internacional e mesmo o internacional.Fleury, P. (2009). "La fabuleuse histoire du franc suisse". En La Liberté. 9 de xaneiro.

Primeira época do franco suízo O nacemento do franco suízo remóntase ao 7 de maio de 1850, data en que unha lei federal estableceu os detalles da primeira emisión."Les cent-soixante ans du franc suisse ". Swissmint. Por razóns prácticas e logo de numerosas discusións, creouse cun valor á par con respecto ao franco francés da época (franc germinal).Niederer, A. (1976). Die Lateinische Münzunion / L'Union Monétaire Latine. Helvetische Münzenzeitung, Hilterfingen. Páxinas 10-15. O tipo de troco oficial coas moedas cantonais do concordato intercantonal era dun franco suízo por cada sete dos antigos batzen."Loi fédérale du 26 mars 1851". En Numis Post & HMZ. Maio de 2008. As primeiras moedas foron cuñadas na Monnaie de Paris e na Casa da Moeda Real de Bélxica, en Bruxelas, antes de que a antiga ceca cantonal de Berna, convertida xa en Casa da Moeda de Suíza, puido comezar o seu labor en 1857.miniatura|360x360px|Primeira serie de moedas da Confederación Suíza.Esas primeiras emisións de 1850 e 1851 non foron suficientes para cubrir as necesidades monetarias do momento, e en 1852 o Consello Federal viuse na obriga de autorizar a circulación de moedas francesas, belgas e italianas no país.Decreto do Consello Federal do 16 de xaneiro de 1852.

Entre 1856 e 1864, cando o valor relativo da prata con respecto ao do ouro aumentou substancialmente logo da descuberta de novas veas de ouro en Suíza, cuñáronse as moedas dun franco e de dous francos cunha aliaxe que baixou de 900 ‰ a 800 ‰, e non se emitiron moedas de ½ franco.

A paridade establecida co franco francés fixo lóxica a adhesión de Suíza á Unión Monetaria Latina en 1865, o que permitiu que as moedas de ouro e de prata de Suíza, Francia, Italia, Bélxica e Grecia fosen de curso legal indistintamente en todos estes países a partir de 1868. A cuñaxe dentro da Unión viuse limitada a seis francos per cápita, e a pureza da aliaxe de prata harmonizouse nestes países en 835 ‰, agás para as moedas equivalentes a cinco francos, que se mantiveron en 900 ‰.

Entre 1863 e 1873 non se cuñou en Suíza moeda de prata, xa que a cantidade de moeda deste metal en circulación, a maioría de orixe estranxeira, satisfacía as necesidades do uso cotián. A situación cambiou a raíz da guerra franco-prusiana de 1870, que ocasionou unha grave escaseza de moeda circulante. A produción de moedas suízas consonte as normas da Unión Monetaria Latina con comezou ata 1874 e durante este período de transición aceptáronse como medio de pagamento durante un tempo moedas dun dólar estadounidense, soberanos británicos e floríns austríacos.

Os valores intrínsecos das moedas de ouro estaban moi preto dos seus valores faciais e, xa que logo, a súa produción resultaba cara. Suíza aproveitouse desta situación para introducir no mercado unicamente moedas de prata, en tanto que utilizaba as moedas de ouro estranxeiras. Non foi ata 1883, a instancias de Francia, cando se cuñaron en Suíza as primeiras moedas de ouro.

Por outra parte, as moedas datadas en 1896, coa excepción da de 20 rappen e da de 20 francos, cuñáronse con tiraxes escasísimas, de pouco máis dunha decena de exemplares, con ocasión da Exposición Nacional Suíza de Xenebra dese mesmo ano, e non entraron en circulación. Os seus prezos no mercado numismático son extraordinariamente elevados.Schweizer Münzen- und Banknotenkatalog 2022. Solidus Verlag, Aarau. ISBN 978-3-033-08804-7

A primeira guerra mundial provocou a fin gradual da Unión Monetaria Latina, e desde o 1 de xaneiro de 1927 só se admitiron en Suíza os pagamentos na súa moeda nacional.

Evolución das moedas da Confederación Suíza miniatura|A moeda de 10 rappen de 1879 é a máis antiga que mantén aínda curso legal en Suíza. Os deseños das moedas suízas caracterízanse sinaladamente pola súa lonxevidade, en parte debido a que a Confederación Helvética se librou dos estragos dos conflitos bélicos mundiais e non sufriu graves convulsións políticas desde a introdución da súa moeda nacional. Coa excepción da moeda de cinco francos, cuxo deseño actual data de 1922, os reversos das moedas do sistema do franco suízo que están en circulación datan do momento da súa introdución en 1850, e os anversos modificáronse por última vez, segundo a moeda, entre 1874 e 1881."Coins from Switzerland". Numista.com

As dúas guerras mundiais provocaron escaseza dos metais estratéxicos, o que levou ao abandono temporal do uso de determinados metais e liaxes na cuñaxe. Por exemplo, en 1918 e en 1919, a aliaxe habitual das moedas de cinco e de dez rappen foi substituída polo latón, e entre 1942 e 1946 as moedas de un e de dous rappen foron cuñadas en discos de cinc.Müller, J. (2007). Geld: Schweizer Münzen und Banknoten als unbestechliche Zeitzeugen. Páxinas 22, 26-27. ISBN 978-3-9523315-0-7

As moedas de ouro foron retiradas de facto da circulación o 26 de setembro de 1936, cando se desvalorizou o franco suízo. Ao resultar o valor do metal superior ao seu valor facial, estas moedas foron acaparadas axiña pola poboación.Cerutti, M. "Dévaluation de 1936". En Dictionnaire historique de la Suisse.

A inflación e o aumento do prezo dos metais tamén tiveron repercusión nas aliaxes utilizadas na cuñaxe. As moedas de un e de dous rappen desmonetizáronse, respectivamente, en 2007 e en 1978, xa que o seu uso nos pagamentos habituais pasara a ser marxinal."Audition relative à l’ordonnance sur la mise hors cours des pièces d’un et de cinq centimes". Département fédéral des finances. 19 de outubro de 2005. Pola súa banda, as moedas de prata comezaron a desaparecer da circulación en 1967, xa que o prezo da prata aumentou considerablemente e resultaba máis rendible fundir as moedas e vender o metal do que estaban fabricadas. A partir de 1968 pasaron a cuñarse en cuproníquel, aínda que a de cinco francos mantivo a súa emisión en prata en 1969.

Moedas en circulación En 2022, a serie de moedas do franco suízo en circulación consta de sete valores:"Liste des pièces suisses ayant cours légal et mises hors cours". Swissmint."Tableau de frappe: données chiffrées sur la frappe de monnaies suisses à partir de 1850". Swissmint.

ValorImaxePeríodoParámetros técnicosCantoCecasDeseñadorPesoMóduloGrosorAliaxe5 francos"5 Francs Herdsman; copper-nickel; embossed edge". Numista.es220x220pxDesde196813,20 g31,45 mm2,35 mmCu 75%Ni 25%Lenda:DOMINUSPROVIDEBITBerna (B)P. Burkhard2 francos"2 Francs Helvetia standing; copper-nickel". Numista.es200x200pxDesde19688,80 g27,4 mm2,15 mmEstriadoA. Walch.A. Bovy.1 franco"1 Franc Helvetia standing; copper-nickel". Numista.es180x180pxDesde19684,40 g23,20 mm1,55 mm½ franco"½ Franc Helvetia standing; copper-nickel". Numista.es160x160pxDesde19682,20 g18,20 mm1,25 mm20 rappen"20 Rappen Libertas; copper-nickel". Numista.es175x175pxDesde19394,00 g21,05 mm1,65 mmLisoK. Schwenzer.K. F. Voigt.10 rappen"10 Rappen Libertas; copper-nickel". Numista.es165x165pxDesde18793,00 g19,15 mm1,45 mm5 rappen"5 Rappen Libertas; aluminium-bronze". Numista.es150x150pxDesde19811,80 g17,15 mm1,25 mmCu 92%Al 6%Ni 2%

Moedas retiradas da circulation

Moedas de ouro

En ouro cuñáronse moedas de 10, 20 e 100 francos. As moedas de 20 francos emitidas a partir de 1897 son coñecidas internacionalmente como "vreneli" e as de 10 francos como "medio vreneli"."Das Goldvreneli". Swissmint."Pièces d`or ". Swissmint.

ValorImaxePeríodoParámetros técnicosCantoCecasDeseñadorPesoMóduloGrosorAliaxe100 francos"100 Francs". Numista.es250x250px192532,26 g35,00 mm12,20 mmAu 90%Cu 10%Lenda:DOMINUSPROVIDEBITBerna (B)F. Landry.20 francos"20 Francs Libertas". Numista.es190x190px1883a18966,45 g21,00 mm1,25 mm22 estrelasA. Walch.C. Bühler.K. Schwenzer.20 francos"20 Francs "Vreneli"". Numista.es190x190px1897a1949F. Landry.10 francos"10 francs". Numista.es175x175px1911a19223,27 g19,00 mm0,90 mmEstriadoF. Landry

5 francos ValorImaxePeríodoParámetros técnicosCantoCecasDeseñadorPesoMóduloGrosorAliaxe5 francos"5 Francs Helvetia seated". Numista.es260x260px1850a188825,00 g37,00 mm2,35 mmAg 90%Cu 10%EstriadoParís (A)Berna (B)Bruxelas (B.)F. Fisch.A. Bovy.5 francos"5 Francs Head of Helvetia". Numista.es260x260px1888a191625,00 g37,00 mm2,35 mmLenda:DOMINUSPROVIDEBITBerna (B)K. Schwenzer5 francos"5 Francs Herdsman; silver; large type". Numista.es260x260px1922a192825,00 g37,00 mm2,35 mmP. Burkhard.5 francos"5 Francs Herdsman; silver; small type". Numista.es220x220px1931a196915,00 g31,45 mm2,35 mm5 francos"5 Francs Herdsman; copper-nickel; incuse edge". Numista.es240x240px1985a199313,20 g31,45 mm2,35 mmCu 75%Ni 25%Lenda:DOMINUSPROVIDEBIT(en letras incusas)

2 francos ValorImaxePeríodoParámetros técnicosCantoCecasDeseñadorPesoMóduloGrosorAliaxe2 francos"2 Francs Helvetia seated; 90% silver". Numista.com200x200px1850a185710,00 g27,40 mm2,15 mmAg 90%Cu 10%EstriadoParís (A)Berna (B)F. Fisch.A. Bovy2 francos"2 Francs Helvetia seated; 80% silver". Numista.es1860a186310,00 gAg 80%Cu 20%Berna (B)2 francos"2 Francs Helvetia standing; silver". Numista.es200x200px1874a196710,00 g27,40 mmAg 83,5%Ni 16,5%A. Walch.A. Bovy

1 franco ValorImaxePeríodoParámetros técnicosCantoCecasDeseñadorPesoMóduloGrosorAliaxe1 franco."1 Franc Helvetia seated; 90% silver". Numista.es180x180px1850a18575,00 g23,20 mm1,55 mmAg 90%Cu 10%EstriadoParís (A)Berna (B)F. Fisch.A. Bovy1 franco1860a1861Ag 80%Cu 20%Berna (B)1 franco"1 Franc Helvetia standing; silver". Numista.es180x180px1875a1967Ag 83,5%Cu 16,5%A. Wach.A. Bovy

½ franco