1899 (MDCCCXCIX) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos miniatura|A cruz de salgueiro, 1899. 1 de xaneiro - O exército español entrega a illa de Cuba a Estados Unidos, que asumiu o seu goberno durante tres anos. Ernest Rutherford descubriu as partículas alfa e beta emitidas polo uranio. Publicación de A Cruz de Salgueiro, en Lugo, novela curta galega de Xesús Rodríguez López. Nacementos 12 de xaneiro - Paul Hermann Müller, bioquímico suízo, Premio Nobel (m. 1965) 19 de xaneiro - Sebastián Martínez-Risco, xuíz e escritor galego. 25 de xaneiro - Paul-Henri Spaak, político belga (m. 1972). 29 de xaneiro - Rafael Dieste, escritor galego, autor de Dos arquivos do trasno e A fiestra valdeira. 30 de xaneiro - Max Theiler, viroloxista surafricano, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1972). 10 de febreiro - Cevdet Sunay, presidente de Turquía (m. 1982). 19 de febreiro - Josep Tarradellas, político catalán. 7 de marzo - Charles W. Thornthwaite, climatólogo e xeográfo estadounidense. 13 de marzo - John Hasbrouck van Vleck, físico estadounidense, Premio Nobel (m. 1980). 25 de marzo - Jacques Audiberti, escritor francés (m. 1965). 18 de abril - Eleuterio González Salgado, mestre e político galeguista. 23 de abril - Vladimir Nabokov, escritor ruso (m. 1977). 29 de abril - Duke Ellington, compositor, director e pianista de jazz estadounidense (m. 1974). 24 de maio - Henri Michaux, escritor, poeta e pintor (m. 1984). 26 de maio - Avelino Cachafeiro, "O Gaiteiro de Soutelo". 14 de xuño - Yasunari Kawabata, escritor xaponés, premio Nobel de Literatura en 1968 (m. 1972). 5 de xullo - Marcel Achard, actor e dramaturgo francés (m. 1974). 5 de xullo - Manuel Maroño Calvo, sindicalista e político galego (m. 1936). 7 de xullo - George Cukor, director de cine estadounidense 21 de xullo - Ernest Hemingway, escritor estadounidense. 13 de agosto - Alfred Hitchcock, director de cine británico. 24 de agosto - Jorge Luis Borges, escritor arxentino (m. 1986). 24 de agosto - Albert Claude, biólogo belga, Premio Nobel de Medicina (m. 1983). 20 de setembro - Leo Strauss, filósofo estadounidense de orixe alemá. 5 de outubro - Fernando Gerassi, pintor e activista español de orixe turca (m. 1974). 9 de outubro - Paulopriit Voolaine, arquiveiro, bibliotecario, lingüista e etnógrafo estoniano. 19 de outubro - Miguel Ángel Asturias, escritor guatemalteco, Premio Nobel de Literatura (m. 1974). 13 de novembro - Huang Xianfan, historiador e antropólogo chinés (m. 1982). 24 de novembro - Wen Yiduo, poeta chinés (m. 1946) 29 de novembro - Xerardo Álvarez Gallego, escritor e político galego. 30 de novembro - Manuel Moure Gómez, mestre, xornalista e político galego. 1 de decembro - Andrei Platonov, escritor ruso. 12 de decembro - Sol Aparicio Rodríguez, mecánico, militar e político galego (m. 1982). Mortes 29 de xaneiro - Alfred Sisley, pintor impresionista francés (n. 1839) 6 de febreiro - Leo von Caprivi, chanceler de Alemaña (n. 1831) 6 de febreiro - Ramón Verea, escritor e inventor galego (n. 1833). 16 de febreiro - Félix Faure, presidente de Francia (n. 1841) 25 de maio - Emilio Castelar, político, presidente da Primeira República española. 3 de xuño - Johann Strauss II, músico austríaco (n. 1825). 24 de xuño - Xoán Montes, compositor galego. 29 de xuño - Manuel Lois Vázquez, xornalista e escritor galego (n. 1868). 29 de xuño - Víctor Novoa Limeses, político galego. 18 de xullo - Horatio Alger, escritor estadounidense (m. 1832). 26 de setembro - Luciano Puga Blanco, avogado e político galego (n. 1842). 29 de setembro - Máximo Leyes Posse, político, xornalista e escritor galego. (n. 1855). 9 de novembro - Xan da Coba, escritor e inventor galego (n. 1829). 28 de decembro - Constantino Armesto Cobián, xornalista e político galego (n. 1833).

Historia ano a ano

Categoría:1899