¿Y tú quién eres? é unha película española de Antonio Mercero. A película, rodada entre Madrid e Donostia, trata a enfermidade de Alzheimer. Estreouse o 21 de setembro de 2007, o día desta doenza dexenerativa. Por desgraza, dita doenza seríalle diagnosticada a Mercero dous anos despois. Xa durante a rodaxe, a terapeuta a quen está dedicada a película e que foi asesora do director, descubriu que Mercero tiña os primeiros síntomas da enfermidade.Emisión da película en "Versión española" (TVE) 24-xuño-2018 con coloquio posterior Foi a última película para o director e tamén para López Vázquez.
Argumento Luis Rivero (Álvaro de Luna) marcha coa súa familia de vacacións a Donostia e deixa nunha residencia o seu pai Ricardo (Manuel Alexandre), unha persoa anciá e con inicios de Alzheimer. Alí, Ricardo coñece a Andrés (José Luis López Vázquez), o seu compañeiro de cuarto, e fanse bos amigos. Ana, filla de Luis e neta de Ricardo (Cristina Brondo), quedou preparando oposicións na cidade. Porén, acaba por deixalas por mor das visitas ao seu avó, o que desgusta ao seu pai, e decide dedicarse ao coidado destes enfermos. Tamén namora do médico (Monti Castiñeiras) que traballa na residencia.
Elenco Manuel Alexandre Cristina Brondo José Luis López Vázquez Álvaro de Luna Monti Castiñeiras Amparo Moreno Ángeles Macua Alejandro Zafra Luis Ángel Priego
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sobre a película, con tráiler e crítica Mercero fala sobre a película
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Antonio Mercero Categoría:Filmes ambientados no País Vasco Categoría:Filmes sobre alzhéimer