O normando é unha lingua romance, unha das linguas d'Oïl, considerada tradicionalmente un dialecto do francés (pexorativamente denominado patois), que por iso recibe tamén o nome de francés normando. Fálase na rexión de Normandía, onde carece de status de oficialidade e tan só está recoñecida como lingua rexional; e nas Illas Anglonormandas, onde os dialectos se desenvolveron por separado do normando continental dende que Normandía deixou de pertencer á coroa inglesa no século XIII. Na actualidade, en xeral, o normando está máis presente nas áreas menos accesibles do antigo ducado de Normandía, as Illas Anglonormandas, a península do Cotentín e o Pays de Caux. O normando está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Dialectos Normandía continental: Os dous principais dialectos son o normando propiamente dito e o normando meridional falado ó sur da liña Joret, unha isoglosa establecida por Charles Joret no século XIX, que ten solucións máis próximas ó mayennais e ó galó, actualmente o normando meridional está mesturado co francés rexional e os falantes moitas veces non poden distinguir as realizacións do normando e as do francés. No normando propiamente dito consérvanse relativamente ben o cotentinois na península de Cotentín e o cauchois no Pays de Caux, o augeron, do Pays de Auge, está case extinto. Dialectos das Illas Anglonormandas: Jèrriais, dialecto da illa de Jersey Sercquiais, dialecto da illa de Sark, derivado do jerriais xa que a illa foi repoboada no século XVI por poboación procedente do norte de Jersey Dgèrnésiais, dialecto da illa de Guernsey Auregnais, dialecto da illa de Alderney, agora extinto.
Influencia no inglés Logo da conquista de Inglaterra polos normandos (1066) o inglés viuse influenciado polo normando, palabras de orixe normanda no inglés: Inglés Normando Francés fashion < faichon/féchon = façon cabbage < caboche = chou (cf. caboche) castle < câtel (antigo: castel) = château, castelet cauldron < caudron = chaudron causeway < cauchie = chaussée catch < cachi = chasser cater < acater = acheter mug < mogue/moque = tasse, boc wicket < viquet = guichet (cf. piquet)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en normando Jèrriais Bibliografía Essai de grammaire de la langue normande, UPN, 1995. . V'n-ous d'aveu mei? UPN, 1984. La Normandie dialectale, 1999, Alain Marie, Les auteurs patoisants du Calvados, 2005. . Roger Jean Lebarbenchon, Les Falaises de la Hague, 1991. . Jean-Louis Vaneille, Les patoisants bas-normands, n.d., Saint-Lô. André Dupont, Dictionnaire des patoisants du Cotentin, Société d'archéologie de la Manche, Saint-Lô, 1992. Geraint Jennings e Yan Marquis, "The Toad and the Donkey: an anthology of Norman literature from the Channel Islands", 2011,
Categoría:Linguas de oïl Categoría:Linguas de Francia Categoría:Linguas do Reino Unido