Emma Perry Carr, nada en Holmesville (Ohio) o 23 de xullo de 1880 e finada o 7 de xaneiro de 1972, foi unha espectroscopista e profesora de química estadounidense.

Traxectoria Emma P Carr era a terceira filla de Edmund e Anna Carr. Tanto o seu pai como o seu avó eran médicos rurais e firmes defensores do valor da educación. Carr asistiu ao instituto en Coshocton, Ohio e estudou na Universidade Estatal de Ohio de 1898 a 1899. Entre 1900 e 1902 estudou no Mount Holyoke College.. Traballou en Mount Holyoke como asistente no departamento de química ata o seu último ano, cando se trasladou á Universidade de Chicago para estudar Química Física. Graduouse na Universidade de Chicago en 1905. Volveu a Mount Holyoke para ensinar durante dous anos antes de regresar a Chicago para cursar un doutoramento, título que recibiu en 1910.

Carreira Despois de doutorarse, Carr continuou ensinando química en Mount Holyoke. En 1913 obtivo o cargo de directora do departamento de química. Estabeleceu un programa de investigación baseado no uso da espectroscopia ultravioleta para estudar hidrocarburos; no transcurso do seu traballo de investigación, determinou a existencia dunha relación entre as frecuencias de absorción e o cambio de entalpía de combustión dos compostos.. Participou na elaboración de International Critical Tables, un traballo de referencia do National Research Council dos Estados Unidos, en colaboración con Victor Henri da Universidade de Zürich. Carr foi pioneira na análise do espectro ultravioleta de moléculas orgánicas para investigar a súa estrutura electrónica. Dirixiu un dos primeiros grupos nos que profesores, estudantes de doutoramento e estudantes colaboraron en proxectos de investigación.

Carr retirouse en 1946. Cando a súa saúde comezou a fallar, trasladouse a unha residencia en Evanston, Illinois, preto do seu sobriño, James Carr, e do resto da súa familia.

Premios e recoñcementos Carr foi a primeira destinataria en 1937 da Medalla Garvan-Olin da American Chemical Society (ACS), un premio establecido para recoñecer "un servizo excepcional á química por parte das mulleres químicas".. Tamén recibiu xunto á súa colega Mary Lura Sherrill o premio James Flack Norris por logros destacados na ensinanza de química da sección nordeste da ACS na primavera de 1957..

Mount Holyoke chamou a un laboratorio da universidade en honor del en 1955. O edificio foi renovado e reconstruído de acordo cos criterios de Liderado en Enerxía e Deseño Ambiental para edificios ecolóxicos e reabriuse en 2002.

Notas

Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Ohio Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Ohio