Antemasque (estilizado como ANTEMASQUE) foi un supergrupo estadounidense de rock formado en 2014 polos antigos membros de At the Drive-In e The Mars Volta Omar Rodríguez-López e Cedric Bixler-Zavala. No seu primeiro álbum participan Flea de Red Hot Chili Peppers no baixo e con Dave Elitch na batería. Tanto Flea como Elitch tocaran anteriormente con The Mars Volta. O irmán de Omar, Marfred Rodríguez-López (anteriormente en Zechs Marquise), uniuse finalmente como baixista permanente e o membro de Blink-182 Travis Barker encargouse da batería.

Historia O 9 de abril de 2014 Bixler-Zavala e Rodríguez-López nunciaron o seu novo proxecto, acompañando o anuncio co lanzamento do seu primeiro sinxelo, "4AM". Durante a seguinte semana lanzáronse tres sinxelos máis, e o seu álbum de estrea, Antemasque, foi editado o 10 de novembro de 2014. Aínda que Flea gravou o baixo para o disco non foi membro da banda.

O 2 de novembro de 2015 a banda estreou oito cancións novas para un seguinte lanzamento, titulado Saddle on the Atom Bomb. Porén, en 2022 o álbum aínda non tiña sido editado, e as redes sociais da banda levaban inactivas dende 2015, o que implica que probablemente a banda non siga activa.

Membros

Omar Rodríguez-López - guitarra (2014-2015) Cedric Bixler-Zavala - voces (2014-2015) Flea - baixo (2014, só no estudio) Marfred Rodríguez-López - baixo (2014-2015) David Elitch - batería (2014-2015) Travis Barker - batería (2015)

Liña de tempo

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloAntemasque2014Nadie

Notas

Categoría:Grupos musicais dos Estados Unidos de América Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 2014