Noel Scott Engel (9 de xaneiro de 1943 - 22 de marzo de 2019), coñecido polo nome artístico de Scott Walker, foi un cantautor, compositor e produtor musical anglo-estadounidense que residía en Inglaterra. Walker foi coñecido pola súa emotiva voz barítona e o seu estilo pouco ortodoxo que o levou de ser unha sofisticada icona do pop adolescente nos anos 60 a un músico de vangarda no século XXI.Harrison, Ian (2013). "Splendid Isolation". Mojo. ISSN 1351-0193. O éxito de Walker produciuse principalmente no Reino Unido, onde os seus primeiros catro álbums en solitario chegaron ao top 10. Viviu nese país dende 1965 e converteuse en cidadán británico en 1970.
Saltando á fama a mediados dos 60 como líder do trío de pop The Walker Brothers, comezou unha carreira en solitario co álbum de 1967 Scott, avanzando cara a un estilo caza vez máis desafiante en álbums de baroque pop de finais dos 60 como Scott 3 e Scott 4 (ámbolos dous de 1969). Despois de que as vendas dos seus traballos en solitario comezasen a baixar, reuniuse con The Walker Brothers a mediados dos 70. Dende mediados dos 80 Walker reviviu a súa carreira en solitario movéndose cara a unha dirección cada vez máis vangardista; deste período da súa carreira The Guardian dixo "imaxina a Andy Williams reinventándose como Stockhausen". As gravacións dos 60 de Walker foron moi apreciadas pola escena musical underground británica dos 80.
Walker continuou gravando ata 2018. Foi descrito pola BBC tras a súa morte como "un das figuras máis enigmáticas e influentes na historia do rock".
Notas
Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Ohio Categoría:Finados en 2019 Categoría:Cantautores Categoría:Multiinstrumentistas Categoría:Produtores musicais