A aviónica, do inglés avionics, e este de aviation (aviación) e electronics (electrónica), son os sistemas electrónicos instalados nas aeronaves para o seu mando e control. O termo fai tamén referencia aos sistemas usados en satélites artificiais e naves espaciais, tanto os de comunicación e navegación coma os seus indicadores e elementos de manexo.

Categoría:Aviación Categoría:Electrónica