María Teresa Ferrari de Gaudino, nada en Bos Aires o 11 de outubro de 1887 e finada o 30 de outubro de 1956, foi unha médica arxentina, a primeira muller catedrática de universidade no seu país e en América Latina.

Traxectoria Obtivo o título de mestra en 1903. En 1904 obtivo o título de graduada no Colexio Nacional de Buenos Aires, sendo unha das primeiras mulleres en facelo. Ingresou na Facultade de Medicina e na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Buenos Aires. Ao ano seguinte ofrecéronlle ser mestra na Escola Normal No. 3 e permaneceu no cargo corenta e tres anos.

En 1911 recibiu a súa licenciatura en medicina. Tres anos despois conseguiu ingresar na cátedra de clínica obstétrica da Facultade en 1914. Competiu durante tres anos por unha praza de profesora e finalmente conseguiuna en 1927.

Realizou estudos de posgrao en Europa, onde asistiu ao curso de Marie Curie en París . O seu tema de tese de profesorado foi o tratamento dos tumores xenitais mediante o radio.

En 1925 creou a maternidade do Hospital Militar Central e en 1936 a Federación Arxentina de Mulleres Universitarias e presidiu durante dez anos.

Participou como membro en varias asociacións médicas do país e do estranxeiro.

En 1952 xubilouse pero non definitivamente. Continuou exercendo a súa profesión e viaxando ao estranxeiro ata a súa morte en 1956.

Notas

Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Científicos da Arxentina Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1956