Álvaro Lafuente Calvo, nado en Benicàssim o 27 de agosto de 1997, coñecido coma Guitarricadelafuente, é un cantautor, compositor e músico español.
Traxectoria Álvaro Lafuente comezou a súa carreira nas redes sociais, onde realizaba versións de artistas. En abril de 2018, publicou a súa primeira canción orixinal, «El conticinio», gravada na súa casa co micrófono do xogo Singstar, e compartiuna en plataformas coma YouTube ou Spotify.
En 2022 a súa versión da canción «A mi manera» («My way») foi a banda sonora do spot publicitario da marca de cervexa Turia.
O 6 de maio de 2022 saíu o seu primeiro álbum, La Cantera, un disco no que se combian diferentes estilos de música tradicional entre os que se atopan a rumba, a vidalita ou o flamenco, entre outros. Segundo palabras de Álvaro, os seus referentes beben da música tradicional e grandes artistas coma Caetano Veloso ou Chavela Vargas. Na canción do álbum «La Algarabía» conta coa colaboración das Tanxugueiras coma coristas.
Vida persoal Malia nacer en Benicàssim, Álvaro Lafuente ten numerosas raíces familiares con Aragón, especialmente coa provincia de Teruel. Las Cuevas de Cañart, vila mencionada na canción «Guantanamera», foi o seu lugar de residencia nos veráns da súa xuventude, e lugar onde proviñan varios antepasados. Álvaro Lafuente afirmou en varias entrevistas estar concienciado coa problemática da despoboación, un dos temas principais do disco La Cantera. En 2021 protagonizou un episodio dos catro que forman Una historia, una canción en Movistar +, presentado por Zahara, e que abordou a despoboación e o avellentamento da comarca do Maestrazgo.
Álvaro Lafuente saíu do armario en 2022 ao definirse a si mesmo, nunha entrevista coa revista Shangay, coma gai.
Discografía Álbums de estudio La cantera (2022)
Sinxelos «El Conticinio» (2018) «Guantanamera» (2018), versión en acústico (2020) con Silvana Estrada. «Nada será igual» (2018), tema principal da película homónima. «Catalina» (2018), versión da canción de Manuel Vallejo. «Sixtinain» (2018) «Nacido pa ganar» (2019) «Agua y mezcal» (2019) «ABC» (2019) «Desde las alturas» (2020) «Ya mi mama me decía» (2020) «Mil y una noches» (2021) «Vidalita del mar» (2022) «Quien encendió la luz» (2022)
Colaboracións «Nana triste» (2019), con Natalia Lacunza «Cerrado por derribo» (2019), con El Niño de Elche no disco tributo Ni tan joven, ni tan viejo. «Vas a encontrarte» (2019), con Muerdo no disco do mesmo artista Fin de la primera vida. «góndolas» (2020), con nostalgia.en.los.autobuses e Raül Refree «Límite» (2020), con Fetén Fetén
Notas
Véxase tamén Outros artigos Natalia Lacunza
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Benicàssim Categoría:Guitarristas de España Categoría:Cantantes de España