Friedrich Johannes Hugo von Engelken, nado en Schleswig-Holstein o 26 de abril de 1881 e finado en East Palatka, Florida, o 12 de febreiro de 1963, foi un home de negocios e banqueiro estadounidense, director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1916 e 1917.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Von Engelken naceu no Estado alemán de Schleswig-Holstein o 28 de abril de 1881,Smith, P. (2012). Páxina 373. fillo de Amelia Deorderlin e do médico Ludwig Herman von Engelken.Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxina 154.
A súa familia emigrou aos Estados Unidos e Friedrich cursou o seu ensino primario en escolas de St. Louis, Missouri, e Grand Island, Nebraska, e o ensino secundario en Winona, Minnesota.
Negocios e servizo público Nos Estados Unidos desenvolveu inicialmente labores de enxeñaría na liña de ferrocarril do noroeste de Chicago.
En 1900 trasladouse a Hong Kong como axente xeral da compañía Portland & Asiatic Steamship Co., e de alí marchou en 1902 a Kobe, Xapón, onde exerceu de supervisor portuario.
En 1904 regresou aos Estados Unidos, onde se dedicou ao negocios de agricultura e gandaría en East Palatka, Florida, ata 1908, cando se asociou coa compañía Gulf, Colorado & Santa Fe Railroad, en Galveston, Texas, e posteriormente con outras compañías do ferrocarril.
En 1913 formou parte dunha comisión creada polo Senado dos Estados Unidos para estudar os métodos europeos para os créditos agrarios, motivo polo que pasou varios meses viaxando por Europa, e Von Engelken redactou un informe que se converteu na base para a creación do Sistema Federal de Bancos Agrarios.
Ao seu regreso de Europa, o presidente Woodrow Wilson recoñeceu os seus méritos nomeándoo director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, cargo que ocupou desde o 20 de setembro de 2016 ata o 20 de febreiro de 1917, data na que presentou a súa dimisión para se facer cargo da presidencia do Federal Land Bank en Columbia, Carolina do Sur.Smith, P. (2012). Páxina 374.
En 1919 viaxou a Francia como representante dos banqueiros estadounidenses.Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxina 155.
Vida familiar O 2 de febreiro de 1906 casou con Lonisiana Breekenridge Hart Gibson e, logo de divorciarse, en 1952 casou en segundas nupcias coa fiscal Kate Lee Walton.
A partir de 1947, Von Engelken viviu retirado na súa residencia de East Oalatka, en Florida, onde, xunto coa súa segunda muller, mantivo unha vida social moi activa, ata o seu pasamento o día 12 de febreiro de 1963.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). "F. J. H. von Engelken". En Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxinas 154-155. Smith, P. (2012). "Von Engelken, Friedrich Johannes Hugo". En American Numismatic Biographies. Páxinas 373-374.
Outros artigos
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1917 Categoría:Nados en Schleswig-Holstein Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá