Dólar de prata conmemorativo daCasa da Moeda Vella de San Francisco170x170px170x170pxA/: Vista do edificio da antiga Casa da Moeda de San Francisco. Marca de gravador (SJW). Lendas: LIBERTY / E PLURIBUS UNUM / 1906 -2006 / OLD MINT “THE GRANITE LADY” / INSTRUMENTAL IN SAN FRANCISCO’S RECOVERYR/: Reprodución do reverso dun dólar Morgan. Marca de ceca (S). Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / IN GOD WE TRUST / ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: Sherl J. Winter (anv.) e George T. Morgan (rev.). Datas de emisión: 2006 Ceca: US Mint: Ceca de San Francisco (S). Tiraxe: 272.857 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.

O dólar de prata conmemorativo da Casa da Moeda Vella de San Francisco é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 2006 e cuñada pola Ceca de San Francisco.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 109-230, do 15 de xuño de 2006,"Public Law 109-230. June 15, 2006". www.govinfo.gov pola que se dispuxo a emisión dunha serie de dúas moedas para honrar a historia e o legado do edificio da antiga sede da Ceca de San Francisco, coñecido como a Dama de Granito, no centenario do terremoto e posterior incendio de San Francisco, na primavera de 1906."San Francisco Old Mint Commemorative Silver Dollar Coin". United States Mint.

Xunto coa moeda dun dólar de prata, o programa conmemorativo complétase coa emisión doutra moeda, cuñada en ouro, co valor facial de cinco dólares, autorizada pola mesma lei."San Francisco Old Mint Commemorative Coin Program". United States Mint.

Deseño No anverso da moeda represéntase unha interpretación da esquina esquerda da antiga Casa da Moeda de San Francisco, que estaba inicialmente preparada para unha medalla deseñada por Sherl J. Winter. Completan o anverso as inscricións OLD MINT “THE GRANITE LADY ("Ceca vella "a Dama de Granito") e INSTRUMENTAL IN SAN FRANCISCO’S RECOVERY ("Un instrumento para a recuperación de San Francisco"), xunto cos lemas E PLURIBUS UNUM ("De moitos, un") e LIBERTY ("Liberdade"), tradicionais das moedas estadounidenses, e a dobre data da conmemoración 1906 - 2006."1 Dollar San Francisco Old Mint Centennial". Numista.com

Pola súa banda, o reverso supón unha réplica do reverso do coñecido como dólar Morgan de 1904, deseñado por George T. Morgan e gravado para esta emisión por Joseph Menna, acompañado polo careacterístico lema IN GOD WE TRUST e a as lendas alusivas ao nome do país e ao valor facial da moeda.

Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 500.000 exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de San Francisco e a emisión estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación a partir do 15 de agosto de 2006."San Francisco Old Mint Commemorative Coins May Be Ordered August 15". United States Mint. 11 de agosto de 2006.

A súa produción foi de 65.609 moedas na súa condición estándar e 207.248 en versión con acabamento especial (proof) o que fai un total de 272.857 exemplares, pouco máis da metade dos autorizados pola lei."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 2006 San Francisco Mint". United States Mint.

Este dólar conmemorativo comercializouse aos prezos de 35 dólares en condición estándar e 39 en versión proof. Consonte a lei que autorizou a moeda, o beneficio acadado pola súa venda foi destinado ao Museo e Sociedade Histórica de San Francisco, co fin de contribuír ao financiamento da rehabilitación da vella Casa da Moeda de San Francisco como museo da cidade, da moeda estadounidense e da Febre do Ouro.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

"2006 San Francisco Old Mint Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com) "United States Mint Strikes ‘Granite Lady’ Coins" (United States Mint)

Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América