Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (obra de 1849 aínda que publicado orixinalmente en 1844 cun título lixeiramente diferente) é unha enciclopedia/dicionario biográfico, editado por William Smith. O dicionario abrangue tres volumes e 3.700 páxinas. É unha obra clásica da lexicografía do século XIX. A obra é unha compañeira do Dictionary of Greek and Roman Antiquities e do Dictionary of Greek and Roman Geography de Smith.VV. AA. 1911, pp. 270-271

Autores e alcance miniatura|Extracto da entrada referida a Filolao, un filósofo pitagórico (Charles Peter Mason, 1870) O traballo recolle trinta e cinco autores ademais do editor, que tamén foi o autor dos artigos sen asinar. Os outros autores eran estudosos clásicos, principalmente de Oxford, Cambridge, Rugby School e da Universidade de Bonn, pero algúns eran doutras institucións. Moitas das entradas mitolóxicas foron obra do expatriado alemán Leonhard Schmitz, que axudou a popularizar a erudición clásica alemá en Gran Bretaña.

Con respecto ás biografías, Smith pretendeu ser abranguente. No prefacio, escribiu:

Gran parte do valor do Dicionario consiste non só na profundidade e no detalle dos artigos individuais, senón nas copiosas e específicas citas a escritores gregos e romanos individuais, así como na erudición moderna dende o Renacemento até mediados do século XIX. Os artigos con frecuencia sinalan tradicións variantes, desacordos entre as autoridades e interpretacións dos estudosos modernos. Porén, debido aos sistemas de numeración variables empregados nas diferentes edicións de obras clásicas, e á dificultade para recoñecer os erros tipográficos nas citas, aínda se deben comprobar as fontes orixinais. Moitos dos artigos do Dictionary foron referidos en traballos máis recentes; así, por exemplo, Robert Graves foi acusado de extraer del as fontes das súas impresionantes referencias cando escribiu The Greek Myths.. "O que Graves non menciona é que as fontes utilizadas para o seu libro foron seleccionadas dos dicionarios de Smith, como se desprende dunha comparación das súas listas de referencias coas de Smith.."

Samuel Sharpe pensou que Edward Bunbury plaxiara o seu traballo, como escribira nunha entrada no seu diario no 3 de setembro de 1850:Clayden 1883, p. 197

Uso e dispoñibilidade hoxe A obra está agora de dominio público, e está dispoñible en varios lugares de Internet. Unha recensión da cuarta edición do Oxford Classical Dictionary, aclamada na súa primeira edición en 1949 como "o novo Smith",Stray 2007, p. 53 afirma que:

O dicionario de Smith, porén, ten fallos substanciais. Troia e Knossos, por exemplo, "os editores aínda [as] consideraban... como fantasías de xograres".Stray 2007, p. 53. Citando a Graves, R (1955). "Introduction". The Greek Myths. Harmondsworth: Penguin. Falta moito, sobre todo descubrimentos máis recentes (como a Constitución dos Atenienses de Aristóteles ou o desciframento da Lineal B) e material epigráfico.

Por outra banda, o contexto no que se miran, analizan, reconcilian e comprenden os feitos antigos cambiou considerablemente nos séculos posteriores e, igualmente, as teorías modernas e as reconstrucións dos acontecementos tampouco están presentes, aínda que só fose porque foron publicadas décadas e séculos despois do Dicionario de Smith.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Dictionary of Greek and Roman Antiquities Dictionary of Greek and Roman Geography

Ligazóns externas Versión on line en Perseus Digital Library Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I: Abaeus–Dysponteus en liña en University of Michigan Library. Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II: Earinus–Nyx en liña en University of Michigan Library. Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III: Oarses–Zygia en liña en University of Michigan Library.

Categoría:Obras literarias de 1849 Categoría:Enciclopedias en inglés Categoría:Enciclopedias en liña Categoría:Dicionarios en liña Categoría:Libros de mitoloxía Categoría:Libros de historia sobre a Grecia Antiga Categoría:Libros de historia sobre a Roma Antiga