O pallium ou palio (feminino: palla; diminutivo: palliolum) era o manto romano que era levado tanto por homes como por mulleres.

Era unha peza de tea de forma cadrada,Tertuliano, De Pallio, I. tal como foi o himation na antiga Grecia.

Non debe ser confundido co palio da Igrexa católica, que está relacionado co omoforio.

miniatura|200px|Pallium sobre un quitón.|esquerda Orixe O palio, que foi considerado nun principio exclusivamente grego e desprezado polos romanos, foi utilizado amplamente pola xente común, os filósofos e pedagogos e, finalmente, substituíu a toga no século II a. C. na vida común.

Características e uso O material desta capa era xeralmente la,Plauto,Miles Gloriosus, III, 1 93. liño ou algodón, pero para as clases superiores podían estar feitos de seda, con fíos de ouro,Virxilio, Eneida, IV, 262-264. e bordados.

A indumentaria variou en textura, cor e ornamento. Podía ser de cor branca, vermella púrpura (extraída do Bolinus brandaris negro),Apuleio, O asno de ouro, XI, 3 amarela, azul, verde pálida, etc.

Despois da súa extensión tamén podía usarse como manta.

En opinión de Tertuliano, o palio, que el adoptou a toga ad pallium!, foi o manto dos filósofos e dos cristiáns. Artigo en francés sobre De Pallio.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Tertuliano, De Pallio. Suetonio, De Genere Vestium. Judith Lynn Sebesta, The World of Roman Costume, Madison WI, University of Wisconsin Press, 1994. Gaston Boissier, "Le traité du manteau de Tertullien", Revue des Deux Mondes, 94/5, 1889, pp. 50-78.

Categoría:Vestimenta Categoría:Grecia antiga Categoría:Imperio Romano