Operación Marea Negra é unha miniserie hispano-portuguesa de suspense e drama, escrita por Patxi Amezcua e Natxo López, e dirixida por Daniel Calparsoro, Oskar Santos e Joao Maia para Amazon Prime Video. Está producida por Ficción Produciones e Ukbar Filmes, xunto á televisión pública portuguesa RTP e varias canles automónicas españolas, coa CRTVG á fronte. A ficción, baseada na historia real do narcosubmarino atopado en Galicia en 2018, está protagonizada por Álex González xunto a Nerea Barros, Nuno Lopes, Miquel Insua, Luis Zahera, Xosé Barato, Carles Francino, Manuel Manquiña, Lúcia Moniz, Luís Esparteiro, David Trejos, Leandro Firmino e Bruno Gagliasso.

1ª Tempada A serie componse de 4 capítulos e estreouse o 25 de febreiro de 2022.

A serie estreouse dobrada ao galego o 4 de xullo de 2022 a través da TVG. Foi traducida por Adrián Ramos e Andrea Ucha Bouzada e o director de dobraxe foi Antón Rubal.

Sinopse En novembro de 2019, un semisomerxible de construción artesanal atravesa o océano Atlántico con tres toneladas de cocaína no seu interior. Dentro, tres homes sobreviven treboadas, correntes, avarías, fame, pelexas e un constante acoso policial. Á fronte dos mandos vai Nando (Álex González), un mozo galego campión de España de boxeo afeccionado e mariño experto sen recursos económicos, que se ve obrigado a buscar outros medios para gañarse a vida.

Personaxes

Principais Álex González como Fernando Barreira Valdés "Nando" Nuno Lopes como Sergio Pereira Coelho (episodio 1 - episodio 2) David Trejos como Angelito (episodio 2 - episodio 4) Leandro Firmino como Walder (episodio 2 - episodio 4) Nerea Barros como Gema Barreira Costa (episodio 1 - episodio 2; episodio 4) Lúcia Moniz como Carmo Gutierres Xosé Barato como Tenente Ortiz Manuel Manquiña como Antón Miquel Insua como Octavio Valdés (episodio 1 - episodio 2; episodio 4) coa colaboración especial de Carles Francino como Héctor (episodio 1; episodio 4) Luis Zahera como Cesáreo (episodio 1; episodio 4) Bruno Gagliasso como João (episodio 2)

Secundarios Tomás Alves como subinspector Afonso Martins Adriano Carvalho como Vasco Ferreira (episodio 1; episodio 4) Alfredo Villa como Mao (episodio 2) Kevin Stewart como Jake (episodio 2) Luís Esparteiro como Manuel (episodio 4) Melania Suárez como axente (episodio 2) David Seijo como axente (episodio 4)

Produción O 23 de xuño de 2021, anunciouse que Amazon Prime Video estaba a desenvolver, xunto a Ficción Produciones, varias canles da FORTA (entre elas a CRTVG) e a canle pública portuguesa RTP, unha serie de 4 capítulos sobre o primeiro narcosubmarino aparecido en Europa, titulada Operación Marea Negra. Daniel Calparsoro foi contratado como o director principal da serie, mentres que Oskar Santos e o portugués Joao Maia tamén dirixiron a serie. O guión foi escrito por Patxi Amezcua e Natxo López.

En xullo de 2021, anunciouse que Álex González protagonizaría a serie, á vez que se anunciaron outros actores para a mesma.

Lanzamento e mercadotecnia O 21 de decembro de 2021, Amazon Prime Video sacou as primeiras imaxes da serie e estreouse dobrada en febreiro de 2022.

Episodios

Tempada 1 Nº serieNº temp.TítuloDirixiuEscribiuEstreaEstrea TVG11Episodio 1Daniel CalparsoroNatxo López25/02/202204/07/202222Episodio 2Daniel CalparsoroPatxi Amezcua25/02/202218/07/202233Episodio 3Daniel CalparsoroPatxi Amezcua25/02/202219/07/202244Episodio 4Oskar SantosNatxo López25/02/202219/07/2022 Na TVG emitiuse Operación Marea Negra: o documental 4 o 20 de xullo de 2022. Tras entrar en augas galegas, o semisomerxible é seguido para abortar calquera posibilidade de descarga da droga. Toma rumbo norte e a tripulación intenta unha última descarga que é cortada pola presenza da Garda Civil. A nave diríxese cara a ría de Aldán onde a envían ao fondo e a tripulación é perseguida en terra ata ser detidos na zona.

2ª Tempada O 21 de marzo de 2022, a serie foi renovada para unha segunda tempada.

Son 5 capítulos de 45 m. No elenco mantéñense Nerea Barros, Luís Zahera, Manuel Manquiña, Leandro Firmnio, Bruno Gagliasso, David Trejos, Carlos Francino, Miguel Insua, Xosé Barato. Entran Óscar Jaenada, Esther Acebo, Belén López, Miguel de Lira e Patricia Vico. O protagonista pasa a ser Jorge López en lugar de Alex González.

Sinopse Rodada entre Galicia e Portugal, a segunda tempada lévanos a dous anos despois de rematar a primeira, e con Nando como centro da acción. Un personaxe co que nos reencontramos a través da súa nova vida cotiá no cárcere, e que acaba camiñando como un funambulista entre o legal e o ilegal para seguir sobrevivindo. Os novos capítulos navegarán entre o crime e a lei, entre a vinganza familiar e a xustiza. Nando evolucionará seguindo unha viaxe chea de traizóns e dobres xogos, camiñando polo fráxil equilibrio entre o legal e o ilegal.

Episodios

Tempada 2 Nº serieNº temp.TítuloDirixiuEscribiuEstreaEstrea TVG51Episodio 1Daniel CalparsoroJosé Rodríguez10/02/202318/09/202362Episodio 2Igor LegarretaNatxo López10/02/202318/09/202373Episodio 3Igor LegarretaPatxi Amezcua10/02/202325/09/202384Episodio 4Igor LegarretaJosé Rodríguez10/02/202302/10/202395Episodio 5Igor LegarretaJosé Rodríguez10/02/202309/10/2023

3ª Tempada En xullo de 2023 anunciouse unha terceira e última tempada en Amazon Prime Video e o inicio da rodaxe. Continúa Jorge López e entran Mina El Hammani, Dani Pérez Prada e Felipe Pirazán. Tamén participa a portuguesa Lúcia Moniz. Tamén seguen Óscar Jaenada, Bruno Gagliasso (Marighella), Pêpê Rapazote (Narcos), Soraia Chaves (Sequia), Diego Anido (As bestas), Luis Zahera (As bestas), Daniel Ibáñez (Las leyes de la frontera), Miguel de Lira (Vivir sin permiso), Patricia Vico (Hasta el cielo) e Belén López (White Lines), entre outros.

Serán 5 episodios de 45 m. Producida por Ficción Produciones, con Mamen Quintas e Julio Casal de produtores executivos xunto coas tv produtoras españolas e a RTP. Na dirección Daniel Calparsoro con Igor Legarreta e Oskar Santos. No guión Asier Guerricaechebarría e Javier Echániz.

Sinopse Convertido no intermediario de moda entre América e Europa, a perda dun importante cargamento de fentanilo sitúa a Nando Barreira na peor das situacións: ter que render contas ante ambas as partes. A partir de aquí, Nando comeza unha carreira contra o tempo, non só para recuperar o crédito perdido dos que confiaban nel, senón tamén para eludir á policía que levan meses rastrexando. Unha carreira suicida na que preservar o seu prestixio e liberdade é o menos importante; O máis importante é seguir vivo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión en lingua portuguesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión de Prime Video Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Portugal Categoría:Series de televisión con versión galega