Os Pirkkalan Pingviinit son un equipo de hóckey sobre xeo do municipio de Pirkkala, Pirkanmaa (Finlandia). Foi fundado en 1987 e actualmente compite na II-divisioona, a cuarta categoría do hóckey sobre xeo finés. Xoga os seus partidos como local no Pirkkalan jäähalli, un pavillón construído no ano 2000 e con capacidade para 1 000 persoas.
Historia Os Pingviinit naceron en 1987, cando un grupo de entusiastas do hóckey sobre xeo decidieron crear un equipo na localidade de Pirkkala. O día 4 de agosto dese mesmo ano celebrouse a reunión fundacional, á que asistiron 15 persoas e na que se elixiu o nome "Pingviinit" para o equipo, como o equipo dos Pittsburgh Penguins da National Hockey League (NHL).
O maior logro do equipo ata 2022 tivo lugar en 2010, cando o equipo conseguiu o ascenso ao terceiro nivel do hóckey sobre xeo finlandés, a Suomi-sarja, onde permaneceu ata o seu descenso á II-divisioona en 2012.
Personalidades Xogadores Capitáns do equipo Capitáns dos Pirkkalan Pingviinit Nome(s) Período Janne Ansakorpi 2005-06 Janne Ansakorpi 2009 a 2011 Pauli Kontio 2011-12 Joonas Lehtonen 2012-13 e 2013-14 Tomi Pylvänäinen 2013-14 Eetu Alhainen 2014-15 Jussi Koskela 2015-16 Arto Kekkonen 2016-17 Jussi Koskela 2017-18 Teemu Niemi 2018-
Xogadores destacados Varios xogadores formados no club chegaron ao máis alto nivel do hóckey sobre xeo finlandés.
Topias Haapanen Patrik Puistola (primeiro equipo en Finlandia) Mikko Sivonen Sara Säkkinen Olli Vainio (ata os dez anos)
Adestradores Capitáns dos Pirkkalan Pingviinit Nome(s) Período Pasi Silanne 2005 a 2007 Jari Lehtivuori 2010-11 Jarkko Palmroth 2011 a 2013 Pasi Silanne 2013-14 Jarkko Palmroth 2015 a 2017 Jarkko Mattila 2018-
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Pingviinit, Pirkkala