Silvester Nauli, nado en Tomils, Grisóns, en 1922 e finado en 1988, foi un numismático suízo.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Silvester Nauli naceu no antigo municipio de Tomils, actualmente Domleschg, no cantón dos Grisóns, e aínda sendo un neno traballou como pastor e mozo de hotel. Na súa xuventude foi tamén condutor e maquinista da compañía de ferrocarrís de Suíza.Geiger, H-U. (1988).
O seu interese pola historia manifestouse axiña. Aínda que non chegou a completar o ensino secundario, frecuentou as conferencias e os seminarios do profesor Emil Vogt sobre prehistoria e historia antiga na Universidade de Zürich.
Carreira profesional En 1964 comezou a traballar como técnico de escavación no Departamento de Conservación de Mionumentos de Zürich e en 1967 regresou á súa terra natal ao se crear o Servizo Arqueolóxico dos Grisóns.
En 1976 trasladouse ao Museo Rético de Coira como axudante científico e alí encargouse da colección numismática e do Departamento de Prehistoria e Historia Antiga durante once anos, ata a súa xubilación en 1987. Neste período investigou sobre as moedas dos Grisóns presentes en coleccións estranxeiras, así como sobre os antecedentes históricos destas emisións.
Recoñecementos
(1986): Premio Otto Paul Wenger, da Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos."Otto Paul Wenger-Preis". Numis Post (www.numis-online-ch).
Publicacións Silvester Nauli non foi un autor prolífico, esta é unha escolma das súas escasas publicacións:"Nauli, S.". WorldCat Identities.
(1976). "Zwei spätmittelalterliche Schwerter aus Malans". En Schweizer Münzblätter. Vol. 7-8. Páxinas 195-202. (1978). "Ein Gold-Hortfund von Rhäzüns aus dem Jahre 1951". En Schweizer Münzblätter. Vol. 29-32. Nº 112. Páxinas 95-108. (1981). Schriften zur urgeschichtlichen und römischen Besiedlung des Engadins (con H Conrad). B. Bardola-Conrad, lavin/Pontresina. (1982). Archäologisches aus Tomils: Ausgrabungen des Rätischen Museums auf dem Kirchhügel 1964/65. Rätisches Museum, Coira.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Geiger, H-U. (1988). "Zum Hinschield von Silvester Nauli". En Schweizer Münzblätter. Vol. 38. No. 152. Páxina 129.
Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Nados no cantón dos Grisóns Categoría:Numismáticos de Suíza Categoría:Galardoados co premio Otto Paul Wenger Categoría:Personalidades sen imaxes