Wilkes-Barre é unha cidade situada no estado estadounidense de Pensilvania, próxima a Scranton, no condado de Luzerne.
Historia A principios do século XVIII o val de Wyoming estaba habitado por tribos de nativos americanos Shawnee e Lenape. En 1769 un grupo de europeos, liderado por John Durkee, converteuse no primeiro asentamento non nativo en chegar á zona. Foi chamado Wilkes-Barre en honra a John Wilkes e Isaac Barré, dous membros do Parlamento británico que apoiaron a colonización de terras de ultramar que máis tarde se converteron en Estados Unidos.
A comunidade inicialmente estivo do lado de Connecticut, que reclamou a propiedade desas terras contra o seu rival Pensilvania. Un grupo de homes armados leais a Pensilvania tentou dúas veces expulsar aos habitantes de Wilkes-Barre nas chamadas Guerras da Pennamita. Despois da Guerra de Independencia dos Estados Unidos, o asunto resolveuse cun compromiso: os veciños obtiveron a propiedade da terra ao aceptar anexionala a Pensilvania.
Fundación e Industria A poboación de Wilkes-Barre aumentou significativamente tras o descubrimento dun depósito de antracita a principios do século XIX, o que deu á cidade o alcume de "A Cidade Diamante". Centos de miles de inmigrantes invadiron a cidade atopando traballo nas numerosas minas xurdidas en pouco tempo. Foi fundada en 1769, incorporada en 1806 e oficialmente recoñecida como cidade en 1871.
Século XX A industria mineira sobreviviu a numerosos desastres que provocaron a morte de moitos mineiros. Estes inclúen a explosión da Baltimore Colliery en 1919, que causou a morte de 92 traballadores. Porén, a industria do carbón non sobreviviu ao descubrimento doutras fontes de enerxía que substituíron aos poucos este combustible. A maioría das compañías abandonaron Wilkes-Barre ao final da Segunda guerra mundial e en 1959, após o Desastre da mina Knox a cidade entrou nun declive que durou varias décadas, acelerado polo furacán Agnes en 1972.
Inundación desastrosa As fábricas e tendas seguiron sendo as principais actividades de Wilkes-Barre, pero a economía da cidade alcanzou o seu punto máis baixo tras o furacán que a azoutou en 1972. As augas do río Susquehanna alcanzaron o nivel duns doce metros, 1,5 metros por riba do nivel da cidade, alcanzando unha altura duns 3 metros no centro da cidade. Seis persoas perderon a vida e 25.000 vivendas e locais comerciais e industriais resultaron danados ou destruídos. Os danos estimáronse en mil millóns de dólares e o presidente Richard Nixon fixo que o Congreso concedese axuda inmediata para a zona afectada.
Entre 1972 e finais de 1980, Wilkes-Barre comprometeuse a reparar os danos mediante a reconstrución dos edificios destruídos ou danados e elevando as marxes do río até a máxima altura alcanzada polo mesmo nesa ocasión. Esta disposición resultou útil durante as choivas de 1996, 2004 e 2006.
Demografía Segundo o censo estadounidense do ano 2000, a súa poboación era de 43.123 habitantes. En 2006, estimouse unha poboación de 41.288 habitantes, un descenso de 1.835 (-4,3%). Na localidade naceron importantes científicos como o físico cuántico David Bohm e o Premio Nobel de Física de 1997 William Daniel Phillips.
Xeografía Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos (USCB), ten unha superficie de 18,6 km², dos cales 17,7 km² cubertos por terra e 0,9 km² cubertos por auga.
Localidades veciñas
Nun radio de 4 km arredor de Wilkes-Barre encóntranse as localidades de Wilkes-Barre Township, Pringle, Edwardsville, Kingston, Laurel Run e Ashley. Notas
Véxase tamén
Scranton/Wilkes-Barre RailRaiders (equipo de béisbol) Wilkes-Barre/Scranton Penguins (equipo de hockey sobre xeo, a súa mascota chámase Tux, como a de Linux)
Ligazóns externas Principais áreas urbanas do Estado americano de PensilvaniaCapitalHarrisburgPrincipais cidadesAllentown | Altoona | Bethel Park | Bethlehem | Chester | Erie | Harrisburg | Lancaster | Levittown | Mount Lebanon | Nova Cumberland | Norristown | Penn Hills | Philadelphia | Pittsburgh | Reading | Scranton | State College | Wilkes-Barre | York Categoría:Cidades de Pensilvania