O Dictionary of Greek and Roman Geography é o derradeiro dunha serie de dicionarios clásicos editados polo estudoso inglés William Smith (1813–1893), que segue a A Dictionary of Greek and Roman Antiquities e o Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Publicouse por primeira vez en 1854 e reeditouse por última vez en 2005.

Como indicara Smith no Prefacio: "The Dictionary of Geography... está deseñado principalmente para ilustrar os escritores gregos e romanos, e para que un estudante dilixente poida lelos da xeito máis aproveitábel".

O dicionario, editado en dous grosos volumes, ofrece unha cobertura detallada de tódolos países, rexións, vilas, cidades e características xeográficas importantes mencionados tanto na literatura grega e latina coma na Biblia. Conserva no título o de "grego e romano", en parte, por uniformidade, pero principalmente para indicar o obxecto principal da obra.

Véxase tamén

Outros artigos

Dictionary of Greek and Roman Antiquities Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology

Ligazóns externas

Smith, William; Dictionary of Greek and Roman Geography, Londres, (1854) Proxecto Perseus online (en inglés) Smith, William (1854). Dictionary of Greek and Roman Geography (Abacaenum – Hytanis). Vol. 1. Boston: Little, Brown. (en inglés) Smith, William (1857). Dictionary of Greek and Roman Geography (Iabadus – Zymethus). Vol. 2. Londres: Walton & Maberley. en Internet Archive (en inglés)

Revisión en The North American Review, nº81, xullo de 1855, pp. 268–71 (en inglés) Revisión en The Quarterly Review, nº 99, setembro de 1856, pp. 415–451 (en inglés)

Categoría:1854 Categoría:Enciclopedias en liña Categoría:Dicionarios en liña Categoría:Enciclopedias en inglés Categoría:Historiografía clásica Categoría:Libros de xeografía Categoría:Libros de historia sobre a Roma Antiga Categoría:Libros de historia sobre a Grecia Antiga