miniatura|Concorde de British Airways no aeroporto de Heathrow. British Airways é a aeroliña máis grande do Reino Unido e de Europa. É, polo tanto, unha das maiores do mundo, co maior número de voos entre Europa e Norteamérica. Formouse no ano 1974 como resultado da fusión entre a aeroliña estatal British Overseas Airways Corporation (BOAC) e a British European Airways (BEA). Ten a súa sede en Waterside, preto do seu principal centro de operacións no aeroporto de Heathrow.

Despois de case trinta anos como compañçia estatal, foi vendida en febreiro de 1987 como parte dun plan de privatización do goberno conservador. A aeroliña expandiuse ao pouco tempo coa adquisición de British Caledonian en 1987 e Dan-Air en 1992.

O 12 de novembro do 2009 British Airways confirmou que acadara un acordo preliminar para fusionarse con Iberia. A fusión entre as dúas compañía crearía a terceira maior aeroliña do mundo en termos de ingresos anuais, sendo tamén o segundo maior grupo de Europa. A fusión confirmouse o 8 de abril do 2010, e o 14 de xullo a Comisión Europea aprobou a unión segundo a lei de competencia, permitindo tamén que American Airlines co-operase coa nova entidade en rutas transatlánticas cara aos Estados Unidos. A fusión entre British Airways e Iberia completouse o 21 de xaneiro do 2011, creando formalmente o International Airlines Group, IAG.

Frota En decembro de 2020 a frota de British Airways estaba formada polos seguintes avións:

+ Frota de British AirwaysAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasFCT+TTotalAirbus A319-10035————143143G-EUPJ pintado con librea retro de BEA.144144Airbus A320-20067————180180177177Airbus A320neo139———180180Airbus A321-20018——23—131154—199199Airbus A321neo103———220220810—5656219331O pedido inclúe 18 opcións.Airbus A380-80012—149755303469Todos os avións quedarán en terra ata 2021.43—14484012422614484013423612483212721984940138235—4840184272—4824203275—3252252336—324825233214114564418529987640130254Boeing 777-9—1886546206325Os primeiros 8 serán entregados en 2022. O pedido inclúe 24 opcións.Boeing 787-812——3525154214Boeing 787-918—84239127216Boeing 787-102884835165256Total25249

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas British Airways

Categoría:Aeroliñas do Reino Unido Categoría:Oneworld