Larrea divaricata é unha especie de pequena matogueira da familia Zygophyllaceae. É orixinaria das rexións áridas de América do Sur. Foi descrita por primeira vez en 1800 polo botánico español Antonio José Cavanilles.
Distribución É endémica do oeste de Suramérica: Bolivia (Chuquisaca); Chile, o Perú (Arequipa, Ica, Moquegua). É unha especie prominente da Arxentina, en especial na provincia fitoxeográfica do Monte, a cal se estende dende Salta no norte até Chubut na Patagonia.Morello, J. (1958). La provincia fitogeográfica del Monte. Opera Lilloana, 2: 5–155. Tamén está presente na provincia fitoxeográfica chaqueña e patagoa. Está estreitamente emparentada coa norteamericana Larrea tridentata, e no pasado foi formalmente tratada como a mesma especie.
Notas
Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas descritas en 1800