Francisco Peña Rodríguez, nado en Moialde (Vilardevós) e finado en Florderrei Vello o 27 de outubro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte. O 27 de outubro de 1947 oito gardas civís rodearon a vivenda de Amadeo Domínguez e Pilar Suárez en Florderrei Vello onde estaba agochado co seu compañeiro Ángel Santos Rodríguez. No asalto resultaron mortos Francisco Peña e o garda civil Miguel Álvarez Barreira, de Arzádegos. Os donos da casa, Amadeo Domínguez e Pilar Suárez, foron tamén asasinados. Amadeo foi asasinado no Pontón de Soutocobo nunha emboscada da Garda Civil, e Pilar foi torturada e ao día seguinte asasinada no Pinal da Carolina, preto de Florderrei Vello. A Garda Civil impediu á familia levar o cadáver de Francico a Moialde e foi soterrado ao comezo do corredor que separa a ermida da Nosa Señora das Portas Abertas do cemiterio parroquial.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Fosa do cemiterio de Nosa Señora das Portas Abertas
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Vilardevós Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1947