Kyle Joseph Guy, nado o 11 de agosto de 1997 en Indianapolis, Indiana, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Lenovo Tenerife da Liga ACB. Mide 1,85 metros de altura, e xoga na posición de escolta.
Traxectoria profesional Guy foi elixido na 55ª posición do Draft da NBA de 2019 polos New York Knicks antes de ser traspasado ós Sacramento Kings. Asinou un contrato cos Kings o 7 de xullo de 2019. Guy debutou na NBA o 10 de xaneiro de 2020 contra os Milwaukee Bucks.
O 30 de decembro de 2021, Guy asinou un contrato de dez días cos Miami Heat. O 10 de xaneiro de 2022, asinou un segundo contrato de dez días cos Heat. O 17 de xaneiro de 2022, asinou un contrato cos Heat e o seu afiliado na NBA G League, os Sioux Falls Skyforce. O 24 de marzo de 2022, foi cortado polos Heat.
O 22 de xullo de 2022, Guy asinou por unha tempada co Joventut Badalona da Liga ACB.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Indianápolis, Indiana Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores do CB Canarias