thumb|Térmite en ámbar dominicano. O Burdigaliano é, na escala temporal xeolóxica, unha idade ou piso do Mioceno. Comprende o tempo entre 20,43 ± 0,05 Ma e 15,97 ± 0,05 Ma. Precedido polo Aquitaniano, o Burdigaliense foi a segunda e máis longa idade do Mioceno, e está sucedido polo Langhiano.

Definición estratigráfica O nome «burdigaliano» provén de Burdigala, o nome latino da cidade de Bordeos, Francia. O piso burdigaliano foi presentado na literatura científica por Charles Depéret en 1892.

A base do Burdigaliano establécese na primeira aparición do foraminífero Globigerinoides altiaperturus e o teito da cronozona magnética C6An. O estratotipo do límite inferior deste piso está aínda pendente de asignar.

O teito do Burdigaliano (a base do Langhiano) está definido pola primeira aparición do foraminífero Praeorbulina glomerosa e é tamén coetánea co teito da cronozona magnética C5Cn.1n.

Paleontoloxía Entre as máis famosas localidades paleontolóxicas burdigalianas están o Turritellenplatte de Ermingen en Alemaña e os depósitos de ámbar dominicano da Española.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Burdigalian ICS Stage en GeoWhen Database (en inglés). Neogene-Late Oligocene (0-33 Ma time-slice) na Facultade de Enxeñaría da Universidade Purdue (en inglés).

Categoría:Escala de tempo xeolóxico