Hoboken é unha pequena cidade do condado de Brantley de Xeorxia, Estados Unidos.
Forma parte da Área estatística metropolitana de Brunswick, Xeorxia.
Xeografía miniatura|250px|Localización do concello no condado de Brantley, e deste no estado de Xeorxia.
Hoboken está situada no oeste do condado de Brantley, a 31° 10′ 58″ N e 82° 8′ 2″ O."US Gazetteer files: 2010, 2000, and 1990". United States Census Bureau. 12-02-2011. Consultado o 2 de agosto de 2022.
A Ruta 82 dos Estados Unidos pasa pola cidade (chamada na localidade Main Street), que dista 14 km de Nahunta, a capital do condado, ao leste.
Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, Hoboken ten unha superficie total de 8,9 km<sup>2</sup>, dos cales 0,04 km<sup>2</sup> (o 0,48 %), son augas.
Segundo o censo de 2020, a cidade tiña unha poboación de 480 habitantes,"U.S. Census website". United States Census Bureau. Consultado o 2 de agosto de 2022. polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 54,06 hab./km<sup>2</sup>.
Historia O nome da cidade probablemente sexa copiado de Hoboken, Nova Jersey.Krakow, Kenneth K. (1975): Georgia Place-Names: Their History and Origins. Macon, Xeorxia: Winship Press. ISBN 0-9154-3000-2, p. 110.
A Asemblea Xeral de Xeorxia incorporou o lugar como a Cidade de Hoboken en 1920.Acts and Resolutions of the General Assembly of the State of Georgia. Clark & Hines, State Printers. 1920. p. 1003.
Hoboken foi a primeira sede do condado de Brantley desde a formación do condado en 1920 até 1923, cando a sede foi transferida a Nahunta.Hellmann, Paul T. (13 de maio de 2013): Historical Gazetteer of the United States. Londres, Reino Unido: Routledge. ISBN 978-1-1359-4859-7, p. 240. Consultado o 2 de agosto de 2022.
Eventos culturais En Hoboken hai unha tradición continua de cantos periódicos da Arpa Sagrada que se mantén desde hai máis de 150 anos.Kathryn Eastburn (2008): A Sacred Feast: Reflections on Sacred Harp Singing and Dinner on the Ground. Capítulo 5. Lincoln, Nebraska: University of Nebraska Press. ISBN 978-0-8032-1831-4. Estes inclúen actualmente cantos mensuais e unha convención anual. A Arpa Sagrada é un libro de música coral sacra, escrita usando o sistema da cuarta nota, que se orixinou en Nova Inglaterra e despois foi levado á rexión sur dos Estados Unidos no século XIX.Sacred Harp Publishing Company.
Twin Oaks Park, situado a 6 km fóra de Hoboken, acolle dúas convencións cada ano de bluegrass (un xénero que pertence ao conxunto de músicas tradicionais estadounidenses, orixinado nos anos 1940 na zona dos Apalaches). É un campamento de propiedade privada, onde persoas de todas partes poden levar os seus vehículos e escoitar os sons melódicos da música bluegrass.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sommers, Laurie Kay (2010): "Hoboken Style: Meaning and Change in Okefenokee Sacred Harp Singing". Southern Spaces ISSN 1551-275. Sacred Harp in Hoboken (Arpa sagrada en Hoboken). The Sacred Harp of Hoboken GA . Twin Oaks Park.
Categoría:Cidades do Estado de Xeorxia