miniatura|250px|Praza principal de Bruck an der Mur
Bruck an der Mur é unha cidade do Land austríaco de Estiria.
Xeografía Encóntrase na confluencia dos ríos Mur e Mürz. Favorecida pola súa situcación no cruzamento de grandes camiños e polo súa proximidade a centro siderúrxico de Leoben, conta con manufacturas en produtos de papel. É unha cidade industrialmente activa, e un nó ferroviario na liña principal entre Graz e Viena.
Situada a unha altitude de entre os 468 e os 491 msnm, a cidade ocupa unha superficie de 85,45 km².
Segundo o censo do 1 de xaneiro de 2022, a súa poboación é de 15 720 habitantes,Austria: Bevölkerung am 1.1.2022 nach Ortschaften (Gebietsstand 1.1.2022) (ODS) . polo que a súa densidade de poboación é de 184 hab./km².
Historia O rexistro máis antigo que se conserva de Bruck data da época do rei Lois o Xermánico (c. 806-876), sucesor de Ludovico Pío, cando foi identificado, nun rexistro do 20 de novembro de 860, como "ad prucam", un pazo do arcebispado de Salzburgo. O asentamento identificado entón con este nome estaba no lugar que actualmente ocupa o arrabalde agora chamado "St. Ruprecht". O asentamento situado entón no que hoxe é o centro de Bruck é identificado nun rexistro do século IX como "muorica kimundi" (é dicir, a desembocadura do río Mürz).
A cidade foi fundada en 1263 polo rei Otakar II de Bohemia.
Bruck an der Mur foi un importante centro comercial medieval especializado na forxa do ferro.
Foi o lugar de nacemento do duque Ernesto I de Habsburgo O Férreo ou O duque de Ferro, que foi duque de Estiria, Carintia e Carniola, e despois arquiduque de Austria.
Lugares de interese Unha igrexa de estilo gótico do século XV."Heiligen Geist Kapelle Bruck an der Mur" en zottmann.at . A famosa casa Kornmesser, un edificio de estilo veneciano, construído por Pankraz Kornmesser, no mesmo século (ver na foto arriba). As ruínas da antiga fortaleza de Landskron, queimada nun incendio en 1792.
Cidaes irmandadas Bruck an der Mur está irmandada con: Hagen-Hohenlimburg, Alemaña Liévin, Francia Veroli, Italia
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial .
Categoría:Cidades de Austria