miniatura|Puntos da dor. A sensibilización central, coñecida tamén coma dor nociplástica, é un proceso patolóxico que cursa con disfunción do sistema nervioso central. Está definida coma a resposta desproporcionada e aumentada das neuronas nociceptivas do sistema nervioso central fronte a estímulos normais. Existe unha diminución da limiar da dor, de xeito que estímulos que normalmente non son dolorosos (táctiles, prensiles, térmicos) producen dor.

A sensibilización central non é unha enfermidade en si, senón unha característica fisiopatolóxica que se atopa en diversas doenzas coma a fibromialxia, a síndrome de fatiga crónica, a sensibilidade química múltiple, a neuralxia postherpética e outras doenzas que cursan con dor crónica. Existen fármacos que tamén poden provocar sensibilización central, coma os opioides (hiperalxesia inducida por opioides) ou a ketamina, entre outros.

Fisiopatoloxía Os mecanismos de sensibilización central son diversos e complexos. Cando se produce un estímulo doloroso, tanto somático coma visceral, libéranse unha serie de mediadores inflamatorios tales coma bradicinina, serotonina, histamina, prostaglandinas e substancia P, entre outras. Na sinapse das vías da dor, o glutamato contribúen á hiperexcitabilidade desta. Outras substancias coma o óxido nítrico tamén activan os receptores NDMA. Estes receptores son os principais responsables da hiperexcitabilidade das neuronas e dos estímulos dolorosos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Síndrome de fatiga crónica Fibromialxia Sensibilización periférica

Categoría:Dor